30/04/11

SEN DATA DE CADUCIDADE

A esmeralda
Alphonse Mucha



Leo Ferre pon voz e música


AS ALFAIAS

a máis cara está núa, e, vendo o meu amor
non deixa postas máis que as alfaias sonoras
o rico aspecto dálle o aire vencedor
que nos días felices levan escravas mouras

cando ao danzar fai sons vivos e dementes
o mundo radiante de metal e de pedra
abala en éxtase e adoro furiosamente
as cousas en que o son e a luz se entremezclan

ela está pois deitada e déixase amar
e enriba do diván ponse a sorrir ben leda
ao meu amor profundo e doce coma o mar             
que cara ela sobe cal a marea chea

os ollos en min fixos, como un tigre domado,
con xeitos soñadores ela ensaia poses
e a candor unida ao seu lúbrico engado
danlles un aire novo ás súas metamorfoses

Os brazos e o xeonllo e o muslo e os riles 
pulidos e oleosos, como un cisne ondeante
reflicten nos  meus ollos alegres e felices;
o seu ventre e os seos, racimos raiolantes 

avanzan sibilinos coma os anxos do mal          
por turbar o repouso da miña alma acougada
para escorrentala da rocha de cristal
onde, calma e serena, prefire estar sentada


eu creo ver unidos nunha nova estructura
as ancas de Antiope ao busto dun varón
de tal maneira o van enxalza a súa cintura
sobre a tez brava e moura, o fardo é superior

e a lámpada xa resignada a morrer
aceso o lume só iluminando a estancia
cada vez que un alento deslumbrante exhala
muda en sangue vermello o ámbar da súa pel






Les Bijoux
La très chère était nue, et, connaissant mon coeur,
Elle n'avait gardé que ses bijoux sonores,
Dont le riche attirail lui donnait l'air vainqueur
Qu'ont dans leurs jours heureux les esclaves des Mores.
Quand il jette en dansant son bruit vif et moqueur,
Ce monde rayonnant de métal et de pierre
Me ravit en extase, et j'aime à la fureur
Les choses où le son se mêle à la lumière.
Elle était donc couchée et se laissait aimer,
Et du haut du divan elle souriait d'aise
À mon amour profond et doux comme la mer,
Qui vers elle montait comme vers sa falaise.
Les yeux fixés sur moi, comme un tigre dompté,
D'un air vague et rêveur elle essayait des poses,
Et la candeur unie à la lubricité
Donnait un charme neuf à ses métamorphoses;
Et son bras et sa jambe, et sa cuisse et ses reins,
Polis comme de l'huile, onduleux comme un cygne,
Passaient devant mes yeux clairvoyants et sereins;
Et son ventre et ses seins, ces grappes de ma vigne,
S'avançaient, plus câlins que les Anges du mal,
Pour troubler le repos où mon âme était mise,
Et pour la déranger du rocher de cristal
Où, calme et solitaire, elle s'était assise.
Je croyais voir unis par un nouveau dessin
Les hanches de l'Antiope au buste d'un imberbe,
Tant sa taille faisait ressortir son bassin.
Sur ce teint fauve et brun, le fard était superbe!
— Et la lampe s'étant résignée à mourir,
Comme le foyer seul illuminait la chambre
Chaque fois qu'il poussait un flamboyant soupir,
Il inondait de sang cette peau couleur d'ambre!



Charles Baudelaire: Les fleurs du mal

Dei con alguén que lle pasou como a min, decatouse que as posibilidades de tradución eran tantas que dun texto podían saír varias xoias para a lingua receptora. Neste caso, aporta propostas de varios tradutores ao inglés. Un milagro de ben.





1 comentario:

angola dixo...

: Hai algo nesta composición que chama poderosamente a miña atención. Da protagonista: a máis querida de todas, case non se dan datos esenciais, nin sequera datos adxectivos sobre a súa fisonomía real. Todo alude aos atributos derivados dos adornos que leva ou da maneira que ten de actuar, é dicir, ao accesorio e eventual dun momento de encontro amoroso, efímero pero inmortalizado polo poeta. Na composición hai movementos, volumes cambiantes, sons e brillos que pertencen ao mundo do instante, este instante máxico é recollido polo artista para doalo ao paraíso dos intres inmortais.
As posibles traducións son infinitas, a cada cal máis bela. Se nos desviamos do contido literal e procuramos máis o xogo formal os resultados multiplícanse e a lingua receptora descobre insólitas propostas tan orixinais ou máis que na lingua orixinaria. É a maxia da literatura.