28/04/11

08/10/09 AVISTAMENTO EN MOSCOVA, QUE SERÁ?

AQUÍ DEBÍA HABER UN VÍDEO ONDE SE VISE CLARISIMAMENTE UN OVINI CAENDO COMA UNHA MEDUSA SOBRE MOSCOVA, PERO NON O HAI PORQUE NON IMOS TER TODO O QUE DICIMOS, SENÓN , MIÑA NAI!, ONDE IAMOS PARAR!


Sen dúbida ningunha éRA un OVINI
Falaron comigo.


Non é que sexan políglotas. É que me inocularon un peixiño babel por un oído e dende aquela podo entender todas as linguas por vía telepática. Espontaneamente empecei a traducir poemas da GRAN ENCICLOPEDIA POEMÁTICA INTERGALÁCTICA que me enchen de inspiración. Eu antes inspirábame nos meus sentimentos, pero choraba moito porque me emocionaba ao velos plasmados en palabras escritas e sempre estaba ao bordo da depresión. Agora non, fíxenme poeta cool e xa é raro que chore por iso. Todo o contrario, agora escóñome de risa e teño que ter coidado porque me pode dar un ataque en calquera momento sen importar o lugar e a situación e, claro, non todo o mundo o comprende.


Os peixiños babel son marabillosos. Descubrín que se reproducen por fisión cada vez que alguén me fala tenramente, e xa debe haber un lote nadando por todo o meu organismo. 


Agardo que ningún loqueiro lea esta entrada porque seguro que lle entran un desexos irreprimibles de vir a por min. Se iso sucede espero que nunca dea comigo, entre outras cousas porque eu non existo. 


Ah, mira que son despistada! Os ocupante da nave OVINI deixáronme un poemiña que escribiu un dos mandamáis da galaxia para que quedase algunha proba na Terra da creatividade no espazo exterior. Se a alguén non lle mola, non pasa nada. Non vai chover sempre a gusto de todos!


-oh, atormentaleado griñibichi
...as vosas micturacións plardeleados
nun lúrxido calcetín


eu implórovos, altilocuente,
cos meus fóntidos estoupatáns...


...zostrégame parafusamente
con mil bostáculos cotiáns
ou as vosas chupiñespullas,
do contrario, hei rachar
coa espoliumachucadora.
Se non, espera e verás! (1)


non se entende nada, non é fermoso? Dotalo de sentido sería escarallalo, porque quen pode falar con sentido de todo o que sucede no Universo? e o poemiña veu directamente de ali.
Saúdos có(s)micos ............................................   .....................................          ............................... coño! de pura casualidade acaba de aterrarme este estraño enlace


(1) o poemiña está tirado da novela Guía do autostopista galáctico, de Douglas Adams, publicada por 1ª vez en inglés no ano 1979 e traducida ao galegogaláctico no ano 2009, que foi o ano que se realizou este avistamento.


que riquiño o autostopista!

4 comentarios:

Dominguet dixo...

també falaron comigo!
Y a veces, si que se entiende lo que dicen ( y es igual de fermoso )

angola dixo...

contigo tamén? ah! faremos una asemblea de afectados para protexernos de posibles ataques da nasa, imaxina se nos pillan o que poden obrigarnos a facer!

Dominguet dixo...

Vale, pero a mi ya me pusieron un microchip

angola dixo...

onde?