Conclusións, citas textuais e outras perlas extraídas de Zeitgeist: Liberación oficial e Avanzar 2011
Hai aínda un 3º documental Zeitgeist addedum. Pronto deixarán de poder verse ningún dos tres online. Haberá que empezar a descargalos. Sn os tres moi valiosos.
SOBRE O CRISTIANISMO:
Xesucristo é unha remasterización dos vellos mitos solares.
SOBRE O TERRORISMO:
1. O terrorismo podemos definilo como o uso sistemático do terror que se manifesta con violencia e intimidación para xerar medo.
2. O terrorismo é o medio que o poder usa para garantir a cohesión social. Fabrica con el un inimigo común. 3. Un monstro a quen todo o mundo, sen regatear esforzos, quere decapitar.
4. Cando o terrorismo xera un número inasumible de vítimas pódese fabricar unha lei que elimine mesmo os dereitos fundamentais. Todo se sacrifica con tal de seguir mantendo a ilusión de seguridade. É o estilo operativo NAZI.
SOBRE O FASCISMO:
A expresión segredo de estado é un insulto nunha sociedade que asegura ser democrática.
SOBRE A PROPAGANDA DE GUERRA:
1. Terror contra o terrorismo. Bombas humanitarias. Invasión e tortura para democratizar países incapaces de gobernarse a si mesmos. Acumulación e colapso de repeticións hipnóticas
2. ............Rockefeller gañou 200 millóns de dólares coa I Guerra Mundial, equivalentes a case 2 trillóns de hoxe en día
3.............A guerra do Vietnam non se declarou para ser gañada, senón para ser sostida
4. ...........Irak, fórmula maxistral: Unha maneira de destruír o inimigo é facer que se destrúa a si mesmo, divides a poboación xerando intereses encontrados e fas que pelexen entre eles (divide e vencerás). A continuación pos axentes camuflados a ambos lados da contenda que desempeñen un papel axitador. E por último, subminístraslles armamento a todos.
5. Cantas máis detonacións, máis negocio.
SOBRE O DIÑEIRO
1. O gran erro da humanidade foi permitir que nacese o diñeiro.
2. Todo diñeiro é débeda monetizada. Cada billete é débeda autoxenerada. Esta débeda intrínseca ao concepto de diñeiro só pode xerar escravitude.
3. Os intereses son diñeiro que non existe no capital de partida.
4. 0 1% da poboación é propietaria do 40% da riqueza.
5. As institucións bancarias son máis perigosas para a humanidade que os exércitos.
6. O único que confire valor ao diñeiro é canto hai en circulación. Diñeiro parado nn xera negocio.
7. A Reserva Federal é un banco privado que presta moeda con interese ao goberno da nación. A esta interesante institución debémoslle en última instancia o rosario interminable de guerras do séc.XX e todas as que están por vir no séc.XXI
8. Os economistas son os especialistas en analisar o valor do diñeiro; desconectados do mundo eríxense en sumos sacerdotes da relixión do dólar. Rexistran as secuencias do diñeiro ignorando todas as cooerdenadas vitais. Estudan o engrosamento económico persoal e privado ignorando as dimensión dos outros.
9. Non hai ningunha economía que se ocupe das necesidades humanas.
10. BANCARROTA: é cando hai colapso na débeda. A débeda é unha maquinaria que produce escravos.
11. Os mercados bursátiles serven para mercantilizar as débedas dos países subdesenvolvidos. Cómpranse e véndense débedas nacionais para xerar lucro.
12. Hai pronósticos de que máis do 60% dos países do planeta non tardarán en estar en bancarrota.
13. O sistema económico baseado na especulación é a orixe dos males do planeta e dos seres vivos que nel habitamos.
14. Todo está á venda. Os grandes monopolios o único que ofertan á humanidade é desigualdade, miseria e pobreza.
SOBRE O CONSUMO.
ESTADO DA CUESTIÓN: COLAPSO ACUMULATIVO. ESGOTAMENTO DOS RECURSOS. LOUCURA ECOCIDA
1. Canto antes quede obsoleto un obxecto de consumo, máis asegurada está a roda de miseria para todos.
2. Un produto duradeiro é unha provocación ao sistema.
3. As necesidades créanse e aliméntanse. Canta máis necesidade máis ineficacia. Canta máis ineficacia máis necesidade de ter necedidade. De auténticos necios.
4. O ecoloxicamente sostible non goza de credibilidade económica.
5. Significado profundo do verbo QUERER, convenientemente manipulado polo sistema económico: demanda que quere comprar.
6. No antigo réxime había súbditos, a democracia pretendeu convertelos en cidadáns, o imperio das cidades só quere oír falar de consumidores. Na neo-relixión o ateísmo non se concibe.
SOBRE A EDUCACIÓN:
1. Canta máis cultura de entretenemento e diversión, máis negocio e menos investimento en educación.
2. Non convén formar os cidadáns para que pensen de máis ( non esquezamos que se trata de crear sociedades con escravos voluntarios, conformes e autocompracidos)
3. A TV e os mass media son un gran negocio para matar o aburrimento. Todos teñen algo en común: anulan a creatividade e calquera posible resposta crítica.
SOBRE A POBREZA:
1. Na escada social, cada chanzo que se baixa increméntase o repertorio de enfermidades.
2. A pobreza xera estrés. A principal fonte do estrés é a mala calidade das relacións sociais.
3. A forma máis brutal de violencia é a pobreza. E tamén é a súa principal causa.
4. Es pobre cando non podes satisfacer as túas necesidades básicas no plano material, mental, emocional e espiritual.
5. A pobreza só pode xerar impotencia , isolamento, depresión , loucura e repostas violentas.
SOBRE A LIBERACIÓN:
1. Canto maior é o teu isolamento máis predisposto estás a converterte nunha marioneta do sistema.
2. Somos poderosos, fermosos, extraordinarios. O noso potencial é ilimitado.
3. Non hai ningunha razón real que nos impida saber quen somos e aceptarnos.
4. Na relación cos demais sempre é máis interesante cultivar o común que o diferencial. O que temos en común todos os seres humanos é o esencial para establecer calquera tipo de alianza.
5. Un organismo en guerra permanente consigo mesmo está condenado a destruírse.
6. Hai que decidirse entre o medo e o amor. A revolución é AGORA
Cuña publicitaria
Darás con máis microlatiñas de xeo AQUÍ

SOBRE O GOBERNO ÚNICO MUNDIAL:
Todo parece indicar que nos encamiñamos cara un único goberno mundial.
O que non sabemos é se se formará por consulta, por consenso ou a golpe de microchip.
Un banco único, un único exército, un único centro de poder.
Unha élite económica e intelectual.

como molan as cámaras dixitais! |
Darás con máis microlatiñas de xeo AQUÍ
Ningún comentario:
Publicar un comentario