21/04/11

ERA UNHA VEZ........A ERA ATÓMICA


Así naceu a Era Atómica. Espeluznante relato sobre o 1º experimento atómico en Novo México. Dende aquela a humanidade viuse proxectada na maior onda de terror da súa historia. Nunca o sometemento foi tan total. Agradecemos a Naranjas de Hiroshima a posibilidade de ver este documental na 1ª liña de fogo, nunca peor dito. Pincha nese enlace para ver a ficha e a sinopse da película, a través del poderás acceder a varios espacios de visionado. Un enlace directo é este. Non podo desexar a ninguén que o disfrute porque non creo que sexa viable pero si que podo desexarvos que quededes magnificamente informados. Ben, a modo de conclusión gustaríame poñer o acento no feito de que desde que se fixo este experimento macabro cabería supoñer que a humanidade quedou gravemente eivada e que perdeu para sempre a capacidade de resposta, pero a pesar das lesións, mutacións sen control e loucura permanente algúns aínda mantemos unha fé inquebrantable na vida non condicional e no amor que nace para darse.



Ningún comentario: