11/04/11

ASÍ FALOU MAÏAKOVSKI


EU E MÁIS NAPOLEÓN

Vivo na Gran Presnaia
Nº 36 / 24
Un lugar moi tranquilo.
Moi tranquilo.
Daquela?
Acaso é cousa miña
Que alguén
Nalgures
Deste mundo tolo
Teña provocado unha guerra?

A noite caeu.
Boa. Insidiosa.
Por que as rapazas
estremecen así, movendo
Os seus ollos tan inmensos coma focos?
A xente na rúa
Molla os seus beizos quentes
Na auga do céo,
E a cidade, axitando as súas esposas embandeiradas,
Implora e volve implorar á cruz vermella.
Unha igrexa despeiteada pégase
Á cabeleira da avenida
_fardo cheo de bágoas_
Mentres que os sebes da avenida
Piden sangue, como un corazón esmigallado
Polos dedos das balas.
A anguria aumenta, aumenta,
Devora a razón endurecida.
Xa os invernadoiros de Noev
Palidecen polo gas letal.
Dicide a Moscova
Que se conteña!
Dícídelle
Que non trema!
Un segundo máis
e irei ao encontro
do rei dos céos_
Se quero, mátovos o sol!
Ollade!
Lava as súas bandeiras no céo.
Alí está!
Gordo e roxo.
Fai soar o pavimento
Cos seus cascos vermellos,
Avanza sobre o cadáver dos teitos.
A ti!
Que berras:
“destruireite,
Acabarei contigo”;
A ti, que divides a noite en cornixas ensanguentadas,
Mándoche un desafío­_
Eu,
Unha alma sen medo.

Avanzade, avanzade
Homes estragados polo insomnio,
Homes coa cabeza an chamas!
Tanto ten!
Velaquí o noso sol derradeiro_
O sol de Austerlitz.
E vós, os dementes de Rusia, de Polonia,
Avanzade tamén: hoxe
Napoleón son eu.
Son o xefe dos exércitos e aínda máis.
Comparádenos_ a el a a min¨
El só andou unha vez coa peste
E venceu, por ousado, a morte;
Eu, cada día visito os apestados
En miles de Jaffa rusos.
Por unha soa vez que sen renderse
Fixo fronte ás balas, será honrado
Polos séculos dos séculos;
Pero eu, tan só en xullo atravesei
Mil pontes de Arcole.
O meu berro está labrado no graínzo do tempo.
O meu berro retumbará e retumba
Porque
Dentro dun corazón devastado como Exipto
Hai milleiros de pirámides.
Seguídeme, homes estragados polo insomnio
Subide!
Coa cabeza en chamas.
Eu saúdote
Derradeiro sol da miña vida,
Sol de Austerlitz!
Homes!
Xa abonda!
Botádevos sobre o sol
E adiante!
Destinxídeo!
Na catedral esganada da gorxa
Sobe o estertor dunha marcha fúnebre.
Homes!
Cando canonicedes os nomes
De mortos
Máis sonados ca min_
Lembrade:
Entre os moitos que a guerra matou
Está o poeta da Gran Presnaia.

Maiakovski : Poemas 1913-15, tradución ao castelán de Ediciones 29, Barcelona, 1980