CEBOLANXA! |
1. Indicado para curar as febres intermitentes
2. Consúmase con pel e todo
3. Para que faga o efecto desexado, fálese primeiro co híbrido, pedíndolle desculpas por facelo mudar tan bruscamente de estado. Consóleo asegurándolle que se vai atopar moi a gusto no novo arganismo que está a piques de devoralo.
4. Consuma este producto sentado, pois é de sobra coñecido o efecto hipotensor da cebola en organismos pouco acostumados. A combinación coa laranxa non mitiga o risco de patatús.
5. Efectos secundarios: descoñecidos. Se alguén nota algo raro, póñase en contacto.
6. O producto carece de data de caducidade. Durará ,correctamente pechado, bastante máis que unha historia de amor normal entre humanos limitados.
7. Unha vez aberto procédase ao seu consumo inmediato. Os aceites etéreos volatilízanse ao momento e o resto de nutrintes non tardan en oxidarse.
8. Se lle vai ben, recoméndeo ás súas máis fieles amizades.
9. Este producto non estará ao seu dispór á venda en ningún supermercado
BOA NOITE, E BOA SORTE!
1 comentario:
Tampouco será posible dar co remedio na farmacia, que non deixa de ser un supermercado como calquera outro.
Publicar un comentario