12/04/11

ZEITGEIST / AVANZAR 2011 / COMUNICADO OFICIAL

         http://naranjasdehiroshima.blogspot.com/2011/04/zeitgeist-moving-forward.html

Documental de longa duración con subtítulos en castelán. A versión subtitulada hai que vela directamente en youtube. Leva dúas horas vela e hai que poñerlle vontade para chegar ata a final pero paga a pena. Na miña manía de interactuar con todo o que me chega, permitinme ir apuntando citas textuais das que reproduzo a continuación só algunhas:

Se insistes en usar a túa enerxía creativa en crear problemas é que algún proveito económico estás tirando. Todo problema xera ganancias a alguén.

A falta de compaña impide ser compasivo.

As necesidades aliméntase. O aumento das necesidades aumenta a ineficacia dos remedios para palialas.

O crime, o terrorismo e a guerra son economicamente positivos. Xeran negocios. Os problemas sempre xeran negocios.

Os valores que tradicionalmente transmitían a familia e o clan para garantir a cohesión, son agora emitidos pola publicidade para xerar consumidores.

A base de calquera sociedade aliméntase dos valores que ela é capaz de transmitir.

A sociedade de consumo só emite valores consumistas.

Gástase máis diñeiro en publicidade que en xerar o produto.

Que é QUERER? unha demanda económica que só quere comprar, dende unha barra de pan ou a auga corrente ata unha tapa de báter de ouro. Insatisfacción permanente.

Para ser un bo inversor bursátil está demostrado que tes que ter determinados danos cerebrais, entre eles unha carencia absoluta de empatía cos demáis e unha total indiferencia polo impacto que a túa actividade produce no próximo.

O menosprezo e a desigualdade xeran sociedades violentas.

Se naces pobre, cometes o erro máis grave de todos. Serás branco de todo tipo de disfuncións. As túas relacións humanas serán de pésima calidade e iso só conseguirá estresarte e predispoñerte a todo tipo de enfermidades.

Calquera cousa que dane o medioambiente dánanos a nós.

Canta máis xustiza procuras, máis mal fas a ti mesmo.

O racista non é culpable da súa condición, é vítima dunha subcultura e, por tanto, quere axuda.

Os asasinos en serie fanse, non nacen.

Deberías preguntarte a ti mesmo a miúdo en que se basean as túas opinións.

É aberrante quen non se fai responsable das súas respostas.

A defensa da vida non é comunismo, nin socialismo, nin anarquismo, nin fascismo...a vida non ten ismos.

Cómpre empezar a decodificar o mundo doutra maneira

Ningunha sociedade anterior a esta coñeceu tal dimensión do horror.

A pobreza e a miseria matan hoxe máis xente que todas as guerras, enfermidades, accidentes e suicidios da historia

Toda política é un negocio.
 
Non hai substancias aditivas, só seres vivos propensos a adicións.

1 comentario:

calamidá dixo...

A min dáme a risa cando se cuestiona toda dimensión grupal: familia, tribo, clan e xorde o individualismo feroz, ah! porque do que se trata é de persoas que saiban coexistir de maneira interdependente. A independencia desconectada non vale pa nada. A subordinación menos aínda. trátase de xerar interdependencias a ser posible gozosas, non torturas, fructíferas para tod@as.
dixo alguén en ton discursivo porque lle petou, e porque quixo e puido.