17/02/11

PORNO GALAICO? NON, GRAZAS!


 A idea dun porno audiovisual galaico paréceme fuleira, cutre e lesiva para un idioma que xa está glorificado de pornografía nas vellas cantigas de escarnio e maldicir medievais. Por que? Porque o porno audiovisual é mera mercadoría, carnaza para o imperio.

Tamén me parece demencial que haxa quen utilice o noso feito diferencial idiomático para dar resonancia a un evento infracultural deste calibre. Dicides que a súa distribución vai ser gratuíta na rede. E quen vai financiar semellante negocio e para que? Non me digades que tendes un mecenas!

E non vos parece aldraxante que coa ignorancia que hai sobre o noso idioma fóra e dentro de Galiza se oferten produtos con este perfil? E non vos dá noxo que nas radios estatais vendan o produto como a 1ªpelícula en galego? Nun país gobernado polo señor Feijoo, que asegura nunha radio pública de Madrid descoñecer o significado da palabra ferrete? Supoño que pediriades subvencións da Xunta, no me estrañaría que volas desen. O proxecto cadra moi ben coa política de acoso e derribo dos "normalizadores": Galiza putona fala galego  mesmo cando está en trance e ten a boca trancada. As cantigas medievais son literatura castellana. O reino de Galiza nunca existiu. Os galegos temos o que merecemos, etc.etc.etc.


Por se aínda non o pillastes: NON AO PORNO GALAICO!….NON Á PORNOGRAFÍA EN CALQUERA IDIOMA!

PROPOSTA PARA NON TER EN CONTA: Facede un manual de tauromaquia en galego,CREO QUE NON HAI, o resultado será igual de noxento.

PROPOSTA EN POSITIVO: usade o orzamento en montar escolas libres de ensinanza do galego fóra de Galiza para que o resto da Hespaña aprenda a comunicarse con nós. Nós co resto de Hespaña xa sabemos, a puro huevo.


COPLIÑA A PROPÓSITO

Se ti viras o que eu vin
o outro día no convento!
Santa Clítore berrando
facédeme un monumento!

Saúde, que Terra non teño para ofertarvos.

8 comentarios:

carallocorou dixo...

Supoño que teredes a pouca vergoña de rodar sabe deus en que lingua para despois dobrar de calquera maneira, ou ides usar o galego normativo? Acordaranse os actores do xénero correcto dos substantivos?

arneiron dixo...

Vai alguén controlar o uso correcto das vogais?
Escaparánselle aos actores alguúns seseos e algunhas gheadas?

animada animista dixo...

Ahgardo que faghades un cursiño intensivo de entoasión, do contrario vai ser acolloante escoitar as preguntas con ton acsendente na 1ª pelipornoenghallegho.

profiterol dixo...

agardemos que, contra natura, os actantes non se poñan a conxugar un verbo con vacilación vocálica no presente de indicativo.

pletórica dixo...

pero que carallo, sabendo que o sexo, comercial ou non, case non ten banda lingüística sonora. A que vén a énfase no código lingüístico a utilizar?

indocumentada dixo...

oportunismo, ganas de seguir amolando, importación masiva de refugallo cultural, que sei eu, pallasadas!

Jueves dixo...

una vez propuse que en el estado español cada uno de nosotros, en madrid por ejemplo, tuviera al menos una idea básica de cada uno de los idiomas de la península. Se rieron. ¿Acaso no vivimos juntos, pregunté?
No quieras saber lo que dijeron

angola dixo...

No, mejor no me lo cuentes. LLevo años queriendo aprender vasco en Vigo; en la escuela de idiomas puedo aprender incluso chino, pero vasco,no. CE Ferreiro le llamaba a este estado de insensibilidad mútua O PAÍS DOS ANANOS.