19/02/11

ANANISMOS


PARA ACABAR DUNHA VEZ COAS MULLERES!

Haberá que ver no odio ás mulleres, compartido polo
xudaismo, o cristianismo e o islam, a consecuencia lóxica do odio á intelixencia?
Vaiamos aos textos: o pecado orixinal, a culpa, a
vontade de saber, débense primero á decisión dunha muller, Eva.
Adán, o imbécil,  queda satisfeito con obedecer e someterse.
Cando a serpe (Iblis, no Corán, que dende hai séculos lapidan
millons de peregrinos en La Meca baixo a forma primitiva dun
berilo...) fala  -o cal é normal, é sabido que todas as serpes
falan-, diríxese á muller e inicia un diálogo con ela. Serpe
tentadora, muller tentada, polo tanto muller tentadora para toda a
eternidade; é un paso fácil de dar...
O odio ás mulleres é similar a unha variación sobre o tema do
odio á intelixencia, ao que se suma o odio a todo o que elas
representan para os homes: o desexo, o pracer e a vida. Mesmo a
curiosidade: o Littré confirma que se denomina «filla de Eva» a toda
muller curiosa. Ela dá desexos e tamén dá a vida: a través dela
perpetúase o pecado orixinal, que, como asegura Agustín, se
transmite desde o nacemento, no ventre da nai, a través do
esperma do pai. Sexualización da culpa.
Os monoteísmos prefieren mil veces o Anxo á Muller. Mellor
un mundo de serafíns, tronos e arcanxos que un universo feminino,
polo menos mixto! Nada de sexo, sobre todo: nada.
A carne, o sangue e a libido, asociadas de modo natural
ás mulleres,  proveen ao xudaísmo, ao cristianismo e ao islam máis
duna ocasión para establecer o ilícito e o impuro, e así atacar o
corpo desexable, o sangue das mulleres liberadas da maternidade e
a enerxía hedonista. A Biblia e o Corán  regodéanse neses temas.
As relixións do Libro detestan as mulleres: só aman as
nais e as esposas. Para salvalas da súa negatividade consubstancial,
para elas no hai mis que dúas solucións  -de feito, unha en dous
tempos-, casar cun hombre e darlle fillos. Cando atenden o seu
marido, cociñan e se ocupan dos problemas do fogar, cando
ademais alimentan os nenos,  cóidanos e edúcanos, xa non queda
lugar para o feminino nelas: a esposa e a nai matan a  muller.
Con iso contan os rabinos, os curas e os imáns, para tranquilidade
do varón.
O xudeocristianismo sostén a idea de que Eva  —aparece no
Corán como muller de Adán, é certo, pero nunca a nomea, apenas
un signo... o innominado é innomeable! foi creada en segundo
lugar (sura 3, 1), como un accesorio, da costela de Adán (Gen. 2,
22), Unha prea retirada do corpo principal. Primeiro, o macho, e
logo como fragmento separado, o resto, a migalla: a femia. A
orde de chegada, a modalidade existencial participativa, a
responsabilidade da culpa, todo agobia a Eva. Desde aquela, paga
o máis alto prezo.
O seu corpo está maldito e ela tamén, na súa totalidade. O óvulo non
fecundado exacerba o feminino en  falta, por negación da nai.
De aí provén a impureza da regra. O sangue menstrual presenta
igualmente o perigo de períodos de infecundidade. Uhna muller estéril e
infecunda é o peor oxímoron para o monoteísta. Ademais, durante o
período no hai risco de embarazo; polo tanto, a sexualidade queda
disociada do temor á maternidade e así pode practicarse por si
mesma. A potencialidade da sexualidade separada da procreación,
en consecuencia, da sexualidad pura, da pura sexualidad: velaí
o mal absoluto.
En nome do mesmo principio, as leis monoteístas condenan a
morte os homosexuais. Por que? Porque a súa sexualidade impide  -
polo momento- as funcións de pai, nai, esposo e esposa, e
afirma ás claras a primacía e o valor absoluto do individuo libre.
O solteiro, di o Talmud, é un home a medias (!), ao que o
Corán responde nos mesmos termos (24, 32), mentres que Pablo
de Tarso ve no solitario o perigo da concupiscencia, o adulterio
e a sexualidade libre. De aí provén  -ante a imposible castidade- a súa
exhortación ao matrimonio, a mellor maneira de acabar coa libido.
Así mesmo, as tres relixións censuran o aborto. A familia
funciona como límite insuperable e como célula básica da
comunidade. Implica nenos, que o xudaísmo considera como a
condición de supervivencia do seu Pobo, que a Igrexa desexa ver
crecer e multiplicarse, e que os musulmáns consideran a bendición
do Profeta. Todo o que poña atrancos á demografía metafísica
desata a ira monoteísta. A Deus no lle gusta a planificación familiar.
Por iso, en canto dá a luz, a nai xudía ingresa nun ciclo de
impureza. O sangue, sempre o sangue. No caso dun fillo, a
prohibición de entrar no santuario é de cuarenta días; para as fillas,
sesenta! Di o Levítico... Coñecemos a oración xudía da mañá
que invita a todos os homes a bendicir a Deus durante o día por
telo feito xudeu, non escravo nin... muller! (Men. 43b). Tampouco
ignoramos que o Corán no condena explícitamente a tradición tribal
preislámica que xustifica a  vergoña de converterse en pai dunha
filla e xustifica a pregunta: conservará a nena ou agocharaa baixo
terra? (16, 58). (A edición resumida da Pléiade advirte nunha
nota,  para atenuar a barbarie probablemente, que é por temor á
pobreza, o que faltaba!)
Pola súa parte, os cristiáns, moi parrandeiros, someteron a discusión
no Concilio de Macón, en 585, o libro de Alcidalus Valeus, titulado
Disertación paradóxica na que se intenta demostrar que as
mulleres no son criaturas humanas...
No se sabe onde está o paradoxo (!), nin se o ensaio sufriu algún cambio,
tampouco se Alcidalus conquistou o seu público de xerarcas cristiáns xa
gañados á súa causa -basta con adherir ás innumerables
imprecacións misóxinas de Pablo de Tarso...-, pero a prevención da
Iglexa con respecto ás mulleres segue sendo dunha actualidade
sinistra.
Michael Onfray: Tratado de ateoloxía, 2005


A mellor maneira de arrepentirse da Inqusición é hoxe deixar de queimar mulleres emocionalmente coas chamas do desprezo. Alejandro Jodorovski



2 comentarios:

Mikel Caverna dixo...

Todas las religiones son enemigas d ela mujer.

angola dixo...

Parece mentira que haya sólo beatas. o hay también beatos?