"A revolución é o lume da nosa vontade e a necesidade das nosas mentes solitarias.
É unha obriga da aristocracia libertaria:
crear novos valores éticos
crear novos valores estéticos
comunalizar a riqueza material
individualizar a riqueza espiritual
Isto débese a que nós, violentos celebradores e sentimentalisatas paixonais ao mesmo tempo comprendemos e sabemos que a revolución é unha necesidade da tristura silenciosa que se sofre na base e unha necesidade dos espíritos libres que sofren nos cumes.
Hai tres opcións de vida:
a corrente da escravitude
a corrente da tiranía
a corrente da liberdade!
Coa revolución, a terceira destas correntes necesita explotar nas outras para esganalas. Hai que crear beleza espiritual, amosar aos pobres a vergoña da súa pobreza sen futuro, e aos ricos a vergoña da súa riqueza sen obxectivos.
Só a riqueza ética e espiritual son invulnerables.
Quen está dotado para a revolución?
anarquistas
individualistas
nihilistas
aristócratas da liberdade
os amantes de todo milagro
os promotores de todo prodixio
os creadores de toda marabilla
os inimigos de toda dominación material e toda nivelación espiritual.
A ÚNICA XENTE SERIA É AQUELA QUE UBICA O ACTIVISMO NA RISA."
Renzo Novatore
Renzo Novatore
fantasmas? non, grazas! |
Ningún comentario:
Publicar un comentario