08/01/11

FÁBULA MÍTICA, NON MITOLÓXICA

Unha orfiña fiaba, sentada sobre o muro da cidade, cando viu saír un sapo dunha fendedura.
Rapidamente despregou xunto a ela o seu pano de seda azul, que os sapos aman con paixón e só a eles se dirixen. Así que o sapo viu o pano, deu media volta, e volveu cunha pequena coroa de ouro, colocouna sobre o pano e marchou de novo. A nena tomou a coroa; lampexaba relumbrante, formábana os máis delicados fíos de ouro que nunca ninguén imaxinara. Pouco despois, o sapo volveu, e, ao non ver a coroa, deixouse esvarar polo muro e bateu contra el a súa cabeciña, cheo de dor, ata que as súas forzas se esgotaron e caeu morto.


Se a nena non tivese tocado a coroa, o sapo tería sacado máis tesouros da fendedura.