11/12/10

Xiga



12/11 de decembro do 2010

despois de fortes ventos outonais e férreos temporais o neboeiro empezou a abrir


vai calor, a pesar de ser decembro no hemisferio norte



volve saír o sol, doente, pero sae

hai grandes novidades na prensa e moita oferta no mercado


o gran magma da gran máquina continúa movéndose pero cos tempos tocados: o cronolóxico



 e o meteorolóxico. Moito  tememos que se está operando una gran mutación. Escasea o 


crédito.

Xesucristo treme de pasión e agóchase morto de frío tras as columnas das igrexas


ao pope dálle cagarría


empezan a caer as columnas dos seus universos limitados



tremelicantes


hai máis dun século

mentras tanto


emerxen chaboliñas


nas ladeiras


onde sobreviven


forgetminots bravos


unos pirados afavordosdereitosedebereshumanos


poñerán patacas e cebolas esta primavera


 regaranas coas súas  bágoas emocionadas e agradecidas


e beberán con alegría o viño e o cava que sobrevivan


á transformación.


Estan vostedes invitados


a sumarse


á acción..............................mutante



http://listen.grooveshark.com/s/All_Along_The_Watchtower/2oi3F3






&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&
&&&&&&&




XIGA


Bótame polo menos un vistazo de arriba abaixo

olla como estou de cabo a rabo namorado

teño namorados os ollos

e teño a boca namorada

e teño o pé esquerdo namorado

e moito máis o pé dereito

teño tamén namoradas as escumosas íngoas

e o pene conmovido namorado coma os nenos das súas mestras

e os testículos ao bordo das bágoas de puro namorados

teño as mans pesadamente namoradas

teño namorado o peito combatente

teño con delirio namorado o cuspe

teño a vella cabeza gabacha perdidamente namorada

e namoradas coma virxes ridículas todas as súas ideas

e todas as miñas palabras namoradas ata o tatexo

e teño namorada a memoria

e namorada ata a abxección a imaxinación

teño o día e a noite namorados

teño namorada cada hora cunha ferida vermella  e un sexo violeta

teño namorados os oídos e todo o que oen

e namorada a lectura de cada liña que leo e cada liña que penso

teño a intelixencia magnificamente namorada como unha estúpida

e teño namorado este dedo maimiño

e teño namorado o xesto co que escribo estas liñas

teño a voz con que te chamo namorada

e namorada a paciencia milagrosa en que te agardo

porque estou a agardarte namorado e non me deixes así

xunta apretadamente todo isto nunha aperta

dona dos enxamios e das fervenzas reúneme

recolle fortemente no teu abrazo de irmá insensata

apretados contra os teus peitos máis claros que os himnos

calmados no teu seo de cauce das febres caudais

todos estes pedazos doridos.

TOMÁS SEGOVIA

Nota: Xiga: Antiga danza popular, orixinaria de Inglaterra, de ritmo vivo

Dante e Beatrice
Peter Van Oostzanem



1 comentario:

Anónimo dixo...

Sabemos que, de cando en vez, xorden entre os seres humanos individuos que semellan exhalar amor do xeito en que o sol emite a súa calor...estas persoas habitualmente están dotadas dun gran potencial creativo... a estes seres que posúen a asombrosa capacidade do amor universal é frecuente que o amor sexual os traia totalmente sen coidado. A razón radica en que, para eles, existe unha relación orótica co mundo exterior que opera entre dito mundo e cada terminación nerviosa dos seus organismos. A totalidade dos seus corpos- psíquica, fisiolóxica e espiritual- é unha zona eróxena. A súa corrente de amor non está canalizada exclusivamente no sistema xenital, como no común dos mortais... Na nosa cultura reprimiuse espectacularmente esta particular expresión de amor , ata darlle a apariencia máis desxable que puidermos maxinar. Como resultado de dous mil anos de represión temos o sexo nos sesos. Non sempre é un lugar adecuado.
As persoas que exudan amor son coma ríos, en todo o sentido da palabra: flúen. E cando conseguen posesións e cousas que lles gustan tenden a entregalas. Canto máis dan, máis reciben. Alguén se decatou que , cando creas un vacío, máis substancias flúen para enchelo?
Alan Watts: O futuro da éxtase. Espectro do amor, 1974