05/12/10

Ecos cómicos

xesto 
escultura xigantesca de Panchés
autores: o tempo e a erosión
detalle da coviña de Panchés
bonecos no neboeiro
recorren extáticos
á estratexia da pedra
percorrendo séculos
recorrentes
cada vez
máis
labrados
pola tarde
escultórica

a paisaxe é galáctica
                                                o océano é todo o universo

navegantes
en...seco
somos ecos
cómicos 
e
cósmicos
ollando / de esguello
o
silencio

2 comentarios:

angola dixo...

A acción subversiva da poesía: Aldo Pellegrini



Hai unha forza no ser humano que vén do simple feito de vivir, que condiciona o seu destino dun xeito fatal. Esa forza que se volve visíbel en cada intre a través das manifestacións do amor, tendentes a transcender o individuo nunha comunión coa totalidade, ten as súas propias leis irreductíbeis ós esquemas racionais.

A poesía xorde como expresión dese impulso cara ó cumprimento dun destino vital, e a fatalidade dese destino revélase na poesía coma un feito indiscutíbel. A poesía non é, pois, un luxo ou un divertimento, senón unha necesidade, do mesmo xeito có amor. Todas as outras necesidades, aínda as máis perentorias, están subordinadas a esas dúas, que en definitiva son os aspectos dunha mesma enerxía primordial que lle confire o seu verdadeiro sentido á vida.


O poético non reside só na palabra: é unha maneira de actuar, unha maneira de estar no mundo e convivir cos seres e as cousas. Aquel que ignora a poesía é un mutilado, así como o é quen ignora o amor. Esta afirmación podería suxerirnos a idea de que vivimos nun mundo de mutilados, pero non é así: o que atopamos a cotío non é a falta do impulso poético senón a súa represión.

E está reprimido porque vivir cara ó ilimitado, como esixe a poesía, é dicir, vivir na dimensión total, non resulta conveniente para as forzas opresoras que dominan o mundo. Aceptar ese modo de vivir significaría prestarlle ó home un carácter case divino, o que non lles interesa ós detentores do poder, que prefiren considerar o home coma un obxecto, coma algo inmóbil e sen dimensión.

Aberto ó camiño da liberdade pola poesía, establécese automaticamente a súa acción subversiva. A poesía convértese entón nun instrumento de loita a prol dunha condición humana en consonancia coas aspiracións totais do home.

Ceder á esixencia da poesía significa romper os azos creados polo mundo do convencional. Non se pretende que a acción subversiva da poesía se realice mediante o tratamento directo dos temas de subversión. Non necesita, por exemplo, cantarlle á liberdade. A liberdade vive na poesía mesma. Libre dos esquemas da razón, das normas sociais, das prohibicións, dos prexuízos, dos canons, do medo, das rixideces morais, dos dogmas, libre, en suma, de si mesma.

A acción subversiva maniféstase ó nos ofrecer a poesía a imaxe dun universo en metamorfose en oposición ó universo ríxido que nos impoñen as convencións. A imaxe poética actúa como desintegradora dese mundo convencional, amósanos a súa fraxilidade e mais o seu artificio, substitúeo por outra palpitante e vivente que obedece ó desexo do home.

angola dixo...

(Cuando el tiempo

se viste

de recuerdo

los espacios son

ecos

de un momento)


Domingo Burgos Almonte in http://poesiasalvaje.org/fuego/el-caldero/los-rios/762-piropos-atrevidos-domingo-burgos-almonte.html