30/11/10

Rexistro de tempo petrificado

Ás de bolboreta pousando
Coviña de Panchés
había que vela por dentro
e ver de dentro para fóra
para caer na conta
do que non conta
para nada
porque é
pura
et
er
n
 i
d
a
d
e

3 comentarios:

Anónimo dixo...

Pousas a atención nunha pedra: alí están o amor e o milagro

angola dixo...

o texto saíume unha copiña / o sitio meréceo

angola dixo...

Non fuches antes, non es agora, non serás despois. Fóra do tempo, ri tranquil@! A.Jodorovski