Bocas negras de viño
testas brancas con rosas,
nus, brancos antebrazos
deixados sobre a mesa:
tal sexa, Lidia, o cadro
en que fiquemos, mudos,
eternamente inscritos
na consciencia dos deuses.
Antes isto que a vida
como os homes a viven,
chea da negra poeira
que erguen das estradas.
Só os deuses socorren
co seu exemplo a aqueles
que nada máis pretenden
que ir no río das cousas
Odes, Ricardo Reis ( heterónimo de Fernando Pessoa)
1 comentario:
Ricardo Reis é o heterónimo máis tenro e bucólico de Fernando Pessoa. Portugués universal, nacido en Sudáfrica,escribiu as páxinas máis brillantes da literatura contemporánea. Nós os galegos temos acceso directo, grazas ao idioma-
Publicar un comentario