Tigre real Salvador Dalí |
O LETEO
A amatista Alphonse Mucha |
Vén ao meu cor, alma cruel e xorda
Tigre adorado, monstro de ares ledos
Quero hai tempo mergullar os meus dedos
No esplendor da túa crina morna;
Na túa roupa de arrecendos profundos
Repousar a cabeza dolorida
E respirar, murcha flor suicida,
O doce inar do meu amor difunto
Quero durmir! Durmir e non vivir!
No soño fondo e doce dos mortos
Espallarei bicos meus sen remorsos
Polo teu corpo tal o coiro a fulxir
Para enxugar os meus saloucos mestos
De nada vale o abismo da túa touca;
O esquecemento mora na túa boca
E o Leteo esvara nos teus beixos.
O meu destino, agora xa propicio,
Acatarei porque é o meu fado
Mártir submiso, inocente e danado,
Cuxo fervor atinxe o suplicio.
Engulirei, por matar o rancor,
A nepentas e a boa cicuta
Deica o máis fondo desta gorxa aguda
Que nunca estivo en cárcere de amor
Charles Baudelaire
1 comentario:
aínda que sexa difícil de crer, dende que lle metín o dente a este marabilloso texto por 1º vez ata esta versión hai un tempo inconmensurable, só podería medilo unha árbore vetusta e singular, coma min mesma ás veces
Publicar un comentario