19/04/11

ÉLÉVATION / CH. BAUDELAIRE


ELEVACIÓN

Porriba de estanques, sobre os valados,
montañas e bosques , nubes e o mar,
máis alá do sol, do azul máis alá
alén dos confíns do espacio estrelado,

espírito, abalas con axilidade
e como un arau que remonta as ondas
exploras ledo a inmensidade fonda
con indicible e rexa vontade.

Lisca ben lonxe das miasmas do limo,
purifícate no ar superior,
e bebe o licor puro e diviño
do lume claro do espacio exterior.

Despois do fastío e mágoas inmensas
que cangan de peso a vida brumosa,
feliz o que pode con á vigorosa
voar pola terra luminosa e densa!

Quen ten pensamentos como andoriñas
cara o céo da mañá  deixa o porto,
paira na vida e sabe sen esforzo
a lingua das flores e cousas mudiñas!

Charles Baudelaire

Tradución de Saraares


Sensacións




                                                                                
ÉLÉVATION

Au-dessus des étangs, au dessus des vallées,
de montagnes, de bois, des nuages, de mers,
par delà le soleil, par delà les ethers,
par delà les confins des sphères étoilées,

mon esprit, tu te meus avec agilité,
et, comme un bon nageur qui se pâme dans l'onde,
tu sillonnes gaîment l'inmensité profonde
avec une indicible et mâle volupté.

Envole-toi bien loin de ces miasmes morbides,
va te prurifier dans l'air supérieur,
et bois, comme une pure et divine liqueur,
le feu clair qui remplit les espaces limpides.

Derrière les ennuis et les vastes chagrins
qui chargent de leur poids l'existence brumeuse,
heureux celui qui peut d'une aile vigoureuse
s'élancer vers le champs lumineux et sereins!

Celui dont les pensers, comme des alouettes,
vers le cieux le matin prennent un libre essor,
-qui plane sur la vie e comprend sans effort
le langage des fleurs et de choses muettes!

Ch. Baudelaire: Les fleurs du mal, " Spleen e ideal"

Serra da Capelada





2 comentarios:

angola dixo...

Esta é unha composición mística de Beaudelaire, maldito mítico, que á final o que ten de maldito é dar onde máis doe da mellor maneira posible. De místico ten moito, se cadra por ser consumidor de substancias adoradas polo romanticismo, empezando polo viño. Como Poe. A literatura non deixa de ser unha adicción que alimenta e moi raramente escraviza.
A que soa raro UN ESCRAVO DA LITERATURA? É como un paradoxo de seixo, duro, e sen embargo enunciable, e nesa medida, posible...uhmmm

angola dixo...

Esta entrada apareceu neste caderno xa hai tempo. Retómoa para engadir a versión orixinal, xusto é que apareza. A tradución busca ser unha recreación por libre da paisaxe sonora do orixinal. O resultado galaico dá para unha memorización relativamente fácil.
Encántame.