26/10/10

REWIND

Volvéuseme todo estraño e frío
ninguén me capacita para nada
o único que sinto é un arrepío
que todo o consome e non entala


Quixer eu ser trebón de primavera
para desanoarme en vendaval
soprou nordés naquela travesía
morremos afogados
o siniestro é total
non hai táboa 
só taboleiros colapsados
de erros cotiáns


deixeime esvarar polas cortinas
almorcei choiva e fochancas enloitadas
atoutiñei no lume
queimeime
e todo o que eu gañei
ardeu
nunha rima sen pausa
e nada á fin ficou
pegadas de escher
a cántiga queda ao chou 


saraares

1 comentario:

angola dixo...

Este texto é unha paráfrase libre de O INIMIGO de Beaudelaire, unha ollada retrospectiva que acaba mal