22/10/10

O albatros


Ás veces, por xogar, os nosos navegantes
Trincan  albatros, grandes corvos mariños,
Que seguen indolentes compañeiros de viaxe
Os barcos que atravesan amargos remuíños.

A penas os puxeron nas planchas da cuberta,
Que estes reis do azul, roñóns e vergoñentos
Deixan piadosamente as súas ás perfectas,
Caérenlles aos lados coma inútiles remos.

O viaxeiro alado, que inútil e cego!
El, antes tan belo, que cómico horror!
Un peta coa cachimba  no indefenso peteiro
Outro imita choutando o rexo voador.

O poeta semella o príncipe do ar
Que esquiva a tempesta e ri do trebón;
Exiliado no chan, perdido no vulgar,
As súas ás xigantes impídenlle o voo

albatros en cuberta

nunca unha escultura deu con mellor tema



Les Fleurs du mal: libro en pdf completo en francés, unha exquisitez que debemos a unha iniciativa libre de xente do Canadá.