22/10/10

O albatros


Ás veces, por xogar, os nosos navegantes
Trincan  albatros, grandes corvos mariños,
Que seguen indolentes compañeiros de viaxe
Os barcos que atravesan amargos remuíños.

A penas os puxeron nas planchas da cuberta,
Que estes reis do azul, roñóns e vergoñentos
Deixan piadosamente as súas ás perfectas,
Caérenlles aos lados coma inútiles remos.

O viaxeiro alado, que inútil e cego!
El, antes tan belo, que cómico horror!
Un peta coa cachimba  no indefenso peteiro
Outro imita choutando o rexo voador.

O poeta semella o príncipe do ar
Que esquiva a tempesta e ri do trebón;
Exiliado no chan, perdido no vulgar,
As súas ás xigantes impídenlle o voo

albatros en cuberta

nunca unha escultura deu con mellor tema



Les Fleurs du mal: libro en pdf completo en francés, unha exquisitez que debemos a unha iniciativa libre de xente do Canadá.



3 comentarios:

orola45@hotmail.com dixo...

traducir Beaudelaire é un reto, un pracer, un rito, unha danza de espadas coa sintaxe, un regalo seguro, unha recompensa que se acariña lentamente. Eu fago grandes descobertas con este piar da literatura contemporánea cada x años da miña vida. Con 14 sabía de memoria o soneto do Albatros en francés e recitábao con furia silenciosa mientras camiñaba polas sucias avenidas do "cementerio" da miña cidade, sentindo unhas ás xigantes nacéndome e impedíndome o voo.
Pero Beaudelaire é un poeta clásico en todo o ancho sentido da palabra; el escribe con metro y con rima, con xogos fonéticos fabrica estruturas envolventes nas que non se pode actuar sen esnaquizalas; traducir significar fabricar unha rede sonora nova na lingua receptora, cando esta rede se fai visible, mellor dito audible, o resultado pode namorarte para toda la vida.

angola dixo...

finalmente unha descobre humillada infimamente que a composición non é un sonetiño, tanto ten, teñen tantas cousas en común!!!!!!!!!

angola dixo...

parece ser que o uso desmedido, hiperbólico e desmesurado do signo de admiración se pode traducir por un afán desmesurado, hiperbólico e desmedido de chamar a atención...
agora, eu digo, se todas as chamadas de atención que se lle fan ao mundo tivesen o rumbo destas admiracións, isto si que era un paraíso!!!!!!!!!!!