07/10/10

Menhir 3

interferencias esenciais





O IMPERIO DO TACTO

1
As túas mans poñen  ás
nos meus brazos abolidos
os teus dedos tecen lirios
no meu prado muscular  

2
Na pel que estaba durmida
Un gato bota  a miañar
Sinto que me enche de vida
Este denso e lento inar

3
na miña atroz curvatura
na miña canseira antiga
estás a darlle lectura
a unha gamela perdida

4
Con ánimo claro e fero
Estás deseñando a flor
Que engalana o meu amor
Libre xa do seu veleno

5
O ritmo da rima é raro
O teu torso é convexo
Cóncavo o meu pensamento  
O meu corazón escravo

6
Os sons semellan doídos
latexando saudosos
Nas cunchas dos meus oídos
reverberan melodiosos

7
A luz que entra filtrada
Polas fírgoas do meu ser
Parece estar peneirada
na rosada do mencer

8
Se alguén por min preguntar
Dille que estou en prisión
Non me queira  amor ceibar
Do peso destes grillóns

9
Agora que o tempo é dado
De marcharmos vitoriosos
Deste encontro desexado
Biquémonos só cos ollos

10
Confiando xa no fado
Tímido e agarimoso
Do ir seguro e pausado
Ao noso encontro ditoso


Saraares


                                                               aloumiños-agarimos-caricias
                                                               acrílico e óleo sobre lenzo

4 comentarios:

angola dixo...

caricioterapia

O tacto é o medio de comunicación que ten o cuerpo co exterior. As terminacións nerviosas da pel envían sinais ao cerebro, o cal libera certas substancias -as famosas endorfinas- que benefician no só o noso ánimo senón que poden deter ou mesmo curar doenzas. Centrarémonos nas caricias ( Demostración cariñosa que consiste en rozar un corpo suavemente coa man. Sin.: agarimo, aloumiño) aínda que neste contexto sobre os seus efectos terapeúticos tanto vale para apertas ou masaxes. Sen embargo, a caricia, aínda que aparentemente no manifeste a intensidade de contacto das anteriores, ten a propiedade de ser un estímulo efectivo y unha mostra de afecto máis discreta que a aperta (que nalgunha ocasión pode resultar "invasiva") e sinxela que a masaxe. Ademais, hai unha ampla gama de variedades: desde as erótico-sensuais ata as máis puramente amorosas pasando polas amigables ou as familiares.

Esta capacidade antes citada de provocar una melloría na saúde psíquica mesmo física foi sobre todo comprobada científicamente nos bebés e nenos pequeños. No caso dos recén nacidos descubriuse que, para a supervivencia e o desenvolvemento, as caricias son case tan esenciais como a comida. As caricias axudan nas relacións neuronais, na tonicidade dos músculos, no reforzo del sistema inmunolóxico, no proceso afectivo, na socialización e na adquisición da linguaxe.

angola dixo...

NON SER TOCADOS SÓ É UN ESTADO MÍTICO
"política da tristeza" in murmures

angola dixo...

A tristeza e o sufrimiento non son simplemente males necesarios, senon que representan a VULNERABILIDADE que me permite ser tocado e, polo tanto, estar en relación cos otros. Sen tristeza, non existe o común.
ibidem

angola dixo...

MI OFRENDA DE ETERNA BONDAD

Cual ofrenda nueva y fresca caeré sobre ti,
mas, te lo juro, no te inquietes,
no me hagas caso.
Sólo ténme un rato.

Superficialmente,
enfrentándome a tu universo indemne,
a nivel molecular estaré siempre presente

Pero hoy, sin conformarme,
entre tu y yo, mientras duermas,
voy a jugar contigo.

En tu precioso ombligo,
despertaré un mini-tsunami
de luz y sonido.

Completamente armónico será.
Revoloteará en tu epidermis
y viajará solo y decidido
hacia las cimas más altas
y los valles más profundos
de la intimidad de tu nido.

Atrás,
despertaré el ignoto ofidio escondido
para entretenerme en el segundo chacra,
Sólo ahí, sin progresar, en ti.

Una vez más,
lentamente te erizarás.
Y sin asustarte, sin sorprenderte, sin saberlo,
microscópica superficie lunar tu piel parecerá.

Al sur,
despues del mar de renovada energia,
tu monte oscuro florecerá.
Se plegará ante mi tierno mensaje sensacional,

Pero continuaré más allá,
hasta la eterna fuente de agua viva
Humedeciéndote, hundiéndome.

Al norte,
simétricas gemelas adoraré.
Simularé indiferencia para rodearlas
y quedaré luego perdido, atrapado,
hechizado en tu triángulo sagrado

Gritando dichoso en tu desierto,
hambriento, que sólo en ti existo.
Hasta que te des cuenta que me das poder
y sacudas mi polvo de tu ser


Carlos M Fleites poesiasalvaje.org