06/10/10

A INMINENCIA

ser natural
Menhir 2

A INMINENCIA


non sabe o que é tocar
quen non tocou a túa man
Atopada por azar
Nun recuncho do serán

Non sabe o que é comer
quen non pasou fame negra
A fame de non te ver
faime tremer de impaciencia

Non me dá chegado a hora
De ir entre portas odiosas
Ao paso da túa aurora
Confiada  e victoriosa

Poño luz de semáforo intermitente
Por suposto suprimo a vermella
É máis que evidente
Abro a verde a toda vela
Abro que xa está vindo ela
Polos camiños de oriente

Que todo o tráfico  pare
Que cerren as tendas todas
Que non prendan as farolas
En vinte anos dobrados
Agarde eu polas pólas
O teu lento aproximarte

Que cante o moucho e que fuxa
Nós xa non lle temos medo
Que veñan curuxas e bruxas
Para que  nos leve o demo

Non sabe o que é bailar
quen non se perdeu contigo
en doce e morno abalar
De ir abrindo a modo un figo

Non sabe saudade dar
quen a ti non te saudou
Ninguén sabe abrazos dar
Como  cos ollos che  dou


Non sabe o que é perder
quen a ti non te perdeu
Non sabe o que é tremer
quen contigo non tremeu
non sabe o que é mirar
quen  a ti non te observou
………………………………
………………………………
………………………………
                 etc
(aquí pode improvisar un o que lle pete)


Saraares






                                              os cinco sentidos
                                             acrílico sobre lenzo