21/10/10

ACRÓSTICO A TEIS

ecoloxía lingüística
tEA TECIDA EN TERSA SEDA
eSTRADAS DE ACCESO
iNCISIÓN NA PAISAXE
sOUTO




http://tirarrollas.blogspot.com/2010/12/himno-de-accion-gallega-irmans-irmans.html

2 comentarios:

angola dixo...

Teis é a periferia da periferia
Se vés do norte entras en Vigo por Teis
Se queres saír de Vigo cara a Galiza falo por Teis
Pero a pesar desta tráxica condición de vía de acceso,e perímetro industrial a súa poboación non é itinerante, leva asentada neste territorio desde época inmemorial.
En Teis hai petroglifos, restos de castros celtas enterrados baixo o pavimento,dólmens, unha prensa de aceite romana cautiva nun museo da cidade, restos de fortalezas medievais boatadas abaixo polos Irmandiños,restos da 1º fábrica da ría de Vigo, restos,restos.
Pero hai algo que dá a Teis unha personalidade histórica inconfundible: foi o primeiro asentamento de poboadores galaicos que se organizou nun sindicato agrario para esixir a redención dos foros medievais,que chegaron a estar vixentes ata os anos vinte do séc.XX, chamouse inicialmenta O DIRECTORIO ANTIFORISTA DE TEIS (a etiqueta roubáronlla aos da Revolución francesa)e naceu no ano 1900,cando en Rusia aínda se estaba incubando a Revolución Comunista.
En Teis todos somos veciños dotados de memoria histórica, non poden enterrárnola nin agochala nas vitrinas dun museo, temos memoria histórica viva e todos aquí sabemos que os nosos inmediatos antepasados construíron un proxecto que está aínda por desenvolver. Longa vida a Teis

angola dixo...

Teis xunto con Lavadores e Cabral pasaron á historia recente de Galiza co nome proletario de RUSIAPEQUENA