ESTE É O RETRATO DUNHA MULLER, morta, pintado
polo seu fillo que seguramente a amaba
e esta, na que agora entras, a casa na que esta muller
viviu.
Unha actriz, coa voz de todos os escenarios do planeta
recita, para nós, fragmentos en prosa desta muller
que posibelmente habitou estes lugares
e a Rosa
a Rosa que depositaron encol do seu ataúde
a Rosa que despois desenterraron
a Rosa pode ter dous ou tres mil anos
chegar a medir 150 metros de altura e trinta de diámetro.
Ela, a muller que habitou nesta casa, amaba este xardín
a árbore do amor, a sequoia vermella
e aquí, e desde aquí, noméanos, pronuncia o noso nome
a Rosa
vermella
incólume
inmortal
intacta.
CHUS PATO: Pequena antoloxía
René Magritte: A tumba dos loitadores, 1960
Ningún comentario:
Publicar un comentario