27/12/12

BUKOWSKI POETA: Vós sabedes eu sei ti sabes



VÓS SABEDES EU SEI E TI SABES

que cando racha a sombra amarela
cando chimpa o gato de ollar irado
cando o vello barman se debruza na barra
cando dorme o colibrí

vós sabedes eu sei ti sabes

cando os tanques manobran en campos de batalla ficticios
cando os teus neumáticos percorren a autoestrada
cando o anano enchoupado de wuisqui barato berra a soas pola noite
cando crían con esmero os touros para os matadores
cando a herba te mira e as árbores te miran
cando o mar acubilla criaturas inmensas e verdadeiras

vós sabedes eu sei ti sabes

a tristura e a marabilla de dúas chinelas debaixo da cama
o balet do teu corazón en danza co sangue
rapaciñas do amor que algún día destetarán os espellos
horas extraordinarias no inferno
un xantar cunha ensalada noxenta

vós sabedes eu sei ti sabes

a final, tal como agora a coñecemos,
semella un truco vil despois do noso vil sufrimento mais

vós sabedes eu sei ti sabes

a ledicia que ás veces emerxe do nada
e atravesa como unha lúa falcón o imposible

vós sabedes eu sei ti sabes

a vesga loucura da euforia total
sabemos que á final non houbo engano

vós sabedes eu sei ti sabes

cando ollamos para as mans os pés as vidas a forma de ser
o colibrí durmido
os asasinados dos exércitos
o sol que te devora cando o ollas

vós sabedes eu sei ti sabes

que derrotaremos a morte

CHARLES BUKOWSKI: Poemas da última noite na terra, 1992










Ningún comentario: