Documental de Jacinto Esteva en que se fai unha colaxe arrepiante dalgúns costumes ancestrais populares do "pueblo español". Dou fé de que moitos aínda están vixentes e non precisamente os máis amables.
Galicia aparece macabramente representada na romaría do Corpiño e na procesión dos cadaleitos.
Estes minutos que capturamos en youtube reproducen un fragmento final absolutamente delirante, case chega aos tintes oníricos, que con tanta gracia se poden encontrar na Barcelona canalla dos barrios vellos.
Todo o documental rebosa fanatismo, desmesura, ignorancia programada e miseria colectivizada. As escenas de monxas de clausura nun convento de Castilla parecen extraídas dun pesadelo de Buñuel. A carreira de burros esfameados de Málaga é toda unha proposta revolucionaria do que debe ser unha competición: gaña o último: pobres burros!
Neste retablo tamén hai propostas escénicas memorables como o baile singular e intransferible de Antonio Gades a capela no estudio sen máis público que o que lle depare o destino nin maís megafonía que a do momento. Tamén aparecen escenas da festa da gran Coca de Redondela e o baile das Penlas en que se celebra o triúnfo da vida sobre o horror.
Pódese ver unha reseña en Naranjas de Hiroshima
Pódese ver o documental completo en Humyo pero con graves problemas de son.
Os enlaces para ver on line este retablo de barbaridades están todos obsoletos e na maioría dos que están operativos o arquivo desapareceu. Eu optei por descargalo na miña computadora e puiden velo completo cun son aceptable.Tentei colgalo neste caderno, pero dime que pesa de máis. Tentei desacargalo completo en youtube para capturalo de aí, pero youtube dixo que nanai. Pregúntome que carallo pasa....non hai resposta. Estará maldito? Non me estraña, lonxe das árbores .......a insolación é feroz!
Ningún comentario:
Publicar un comentario