- COLECTIVIZACIÓN DA MORTE EN MASA a moi pero que moi longo prazo. Negociazo para a industria funeraria, o que non sabemos é quen vai contar as ganancias nin en que condicións o fará, nin para que carallo as quere.
- CLONACIÓN POR XERACIÓN ESPONTÁNEA DO SILENCIO MORDAZA entre os sobrevivintes que naufragarán nun mar de dúbidas sobre este ou calquera outro tema. Sospeita xeralizada de que aquí non safa nin a caridade.
- CULTIVO INTENSIVO DA IGNORANCIA PROGRAMADA en plans de estudos que nada teñan que ver con e alenten a ilusión de que un sempre pode colocarse entre os mellores ou mentalización progresiva de que o mellor é deixarse ir na avalancha do pelotón dos torpes onde nada do que sucede ten absolutamente que ver comigo
- NEGALO TODO, OBVIALO Política intensiva de feitos consumados.
- HIPOTECADO O FUTURO POR DIRIXENTES SEN CARA, plan de deshaucio:
- auga imbebible a prezo de ouro.
- terra estéril, de comida metacrilato liofilizado. de postre un parrafeo en facebuk e de merenda un tuiteo. nada de libros
- chuvia ácida intermitente. misteriosa desaparición dos paraugas da vida pública. calquera paraugada privada será considerada ilegal
- petrificación da masa visguenta dos caracois para a súa posterior museización e visionado en 3D
- reconversión dos peixes híbridos resultantes das mutacións sen control en escamas fosforescentes con sabor a aletas de neopreno para fariña comprimida en cómodas cápsulas de penso para o gando e para todos aqueles que insistan en facer o ganso ración única de paté de fígado de bacallau deprimido
- neve cálida e sobre todo calada
- programación minuciosa das vacacións dos que se coidan privilexiados en doses controladas de satisfacción. material base para a reprogramación
- REPRESIÓN DE CALQUERA TIPO DE PROTESTA CON OSTIAS DE GOMA CONSAGRADA
- PROHIBICIÓN TERMINANTE DE CALQUERA TIPO DE SENTIMENTO DE FELICIDADE que non estea regulada pola farmacia con presentación de receita previo pus mental con evidencias tanxibles
- AGOCHAMENTO DE TODO RESULTADO QUE DEA NEGATIVO en calquera tipo de estudo ou investigación
- ENTERRAMENTOS CON PROCEDEMENTOS ALTAMENTE TECNOLÓXICOS E SOFISTICADOS NO NÚCLEO TERRÁQUEO. MIRAR A VER QUE PASA. Os que veñan detrás que se safen.
- CONCLUSIÓNS CATEGÓRICAS E CONCLUÍNTES: SE NON PODEMOS VERQUER OS BIDÓNS AO MAR, SUPRIMAMOS OS BIDÓNS. En Bretaña estanse verquendo resíduos nucleares directamente ao mar por medio de tuberías chulísimas e NON PASA NADA! Se total alí a auga está moi fría e non se baña ninguén! E os peixes? Nada! nin se enteiran!
- PAUSA PUBLICITARIA: " Búscanse patios de luces abandonados para a construción de minicemiterios nucleares. As comunidades de veciños sairán economicamente moi beneficiadas, moito máis que coas aparatosas instalacións de antenas para telefonía móbil. Teñan sempre presente que isto só é un enterramento, que non se ve nada e ademáis consideren o gratificante que debe ser durmir ao quentiño enriba dun polvorín"
- POIS ALA! XA QUEDAN INFORMADOS. QUE NON SE DIGA QUE NESTE MUNDO ANDAMOS CON CHIQUITAS Á HORA DE FACER CIRCULAR A INFORMACIÓN.
Para máis información, en vez de perder o tempo mirando para o tv, bótelle unha ollada a algún vídeo sobre o tema se é que aínda non decidiu apagar dunha vez por todas o bendito ordeñador
2 comentarios:
Este libro que acabo de leer habla de la sociedad nuclearizada, me ha parecido interesantisímo. editado en Granada.
http://www.bsquero.net/ediciones/chernoblues-de-la-servidumbre-voluntaria-la-necesidad-de-servidumbre-seguido-de-la-socieda
Saludos desde el Sur
Recibidos, Mikel.
Chernoblues? A xestión indecente dos refugallos nucleares están convertendo todo o planeta nun xigantesco Chernobil a diario. Unha gran foliada atómica!
Unha aperta para ti...dende as nosas coordenadas mutantes.
Publicar un comentario