24/04/12

Urbano Lugrís, poesía en liña





Irmandade entre a poesía dos novísimos (1) e a pintura de Urbano Lugrís a través da enchenta do mar in Colectivo a nave das ideas. Non todo vai ser cachondeo, ou si?

Galería de imaxes ACCIÓN URBANO LUGRÍS


"Con Lugrís tamén queremos facer unha denuncia: a literatura galega é imperialista. Invade e ocupa a noción cultura nacional. Converte a produción artística en letras. Fortalece os seus espazos mentres afoga outros. Nosoutros somos xeneticamente antiimperialistas. Rachemos coas fronteiras do Día das Letras Galegas para crearmos o Día da Artes Galegas. Invadamos toda Galicia de arte, convertamos o Día das Artes Galegas na causa da cultura galega"


ARTE, POLO AMOR DE DEUS! .................TODO O ANO.................TODOS OS DÍAS DO ANO...................OS MECENAS BANCARIOS, INSTITUCIÓNS POLÍTICAS COMANDADAS POR POLITIQUIÑOS PROFESIONAIS E DEMAIS PARÁSITOS QUE METAN O DIÑEIRO NO CÚ..............ESTAMOS SEGUROS QUE O TEÑEN BEN ANCHO PARA QUE LLES CAIBA TODO O QUE ROUBAN A BASE DE EXTORSIÓN E DEPREDACIÓN........FAREMOS DA NOSA ACTIVIDADE UN FENÓMENO RADIOACTVO QUE LLES DESINTEGRE A CARA DE VERGOÑA.................FOLGA INDEFINIDA CONTRA O SILENCIO DOS CASTRÓNS............DISPAREMOS!

(1) Enlace a un pdf poético pictórico con obras de Urbano Lugrís que inspiraron  textos máis que sorprendentes de varias xeracións de poetas en activo. Unha gozada. Non hai moita oferta da pintura de Lugrís na rede, a selección para este traballo é exquisita. Mágoa que o autor das imaxes non permite a súa descarga. 






Ningún comentario: