21/01/12

Podería chamar agora por Kerouac...





Podería chamar agora 
por Kerouac
porque entre os dous hai un río 
de tristísimo outono
pero
prefiro contemplar
as criaturas preciosas
- xa sabedes: pérolas, ouro,
cando non cristal lucente e mármore-
de Bembo
e miro atentamente
o máis estéril
- xema, libro, lámpada-
que denote as propias
 bases ou pés de barro
do meu verbo
e agoire fermosamente
a cousa a cousa
a cousa formal
e inerte
na que me vou erixindo coidadosa e artificiosa
mente
podería chamar agora
por Kerouac
ou mocidade perdida
porque entre os dous escoa o río
da morte

XOSÉ LUÍS MÉNDEZ FERRÍN: Con pólvora e magnolias, 1976



Ningún comentario: