11/02/12

Palabras celestes / A.GINSBERG



A alba cega o ollo
sirenas esgazan o céo
claxons dos taxis rebumbian nas rúas
buguinas rotas de coches bean bean bean

O céo está cuberto de palabras
O día está cuberto de palabras
A noite está cuberta de palabras
Deus está cuberto de palabras
A conciencia cuberta de palabras
A mente está cuberta de palabras
Vida e morte son palabras
As palabras están cubertas de palabras

Os amantes están cubertos de palabras
Os asasinos están cubertos de palabras
Os espías están cubertos de palabras
Os gobernos están cubertos de palabras
Gas mostaza cuberto de palabras
Bombas de Hidróxeno cubertas de palabras
"Novas" do mundo son palabras
As guerras están cubertas de palabras

Policía secreta cuberta de palabras
Home cuberto de palabras
Ósos maternos cubertos de palabras
Nenos esqueléticos feitos de palabras

O exército está cuberto de palabras
Diñeiro cuberto de palabras
Altas finanzas cubertas de palabras
Xunglas de pobreza cubertas de palabras
Cadeiras eléctricas cubertas de palabras
A multitude que berra cuberta de palabras
Radios tiranas cubertas de palabras
O Inferno televisado, cuberto de palabras

23 do 3 do 1997
ALLEN GINSBERG: Morte e fama