1.POESÍA é unha proxección no silencio de cadencias ordenadas a romper ese silencio con definidas intencións de ecos, sílabas, lonxitudes de onda.
2.Poesía é o diario dun animal mariño, vivindo en terra, desexoso de voar no aire.
3.Poesía é una serie de explicacions da vida, perdéndose en horizontes demasiado rápidos para explicacións.
4.Poesía é unha búsqueda de sílabas para arrebolalas ás barreiras do descoñecido e o incoñecible.
5.Poesía é o teorema dun pano de seda amarelo anoado con adiviñas, encerrado nun globo de cores atado á cola dun papaventos voando nun vento branco contra un céo azul en primavera.
6.Poesía é o silencio e a conversa entre a raíz dunha flor que se debate baixo a terra e o soleado capullo aberto desa flor.
7.Poesía é o aparello do paradoxo da terra arrolando a vida e logo sepultándoa.
8.Poesía é unha inscripción fantasma que di como son feitos os arco iris e por que se van.
9.Poesía é una síntese de xacintos e biscoitos.
10.Poesía é o abrir e pechar dunha porta, que deixa conxeturando os que miran sobre o que se ve por un instante.
poemas de sandburg traducidos ao castelán
E obedecen
Aplastade as cidades.
Botade abaixo as murallas.
Derrubade fábricas e catedrais, almacéns e fogares;
amoreádeos como caian, entre entullo e madeira
renegrida e queimada:
sodes soldados e ordenámosvolo.
Construíde as cidades.
Levantade de novo as murallas.
Reparade fábricas e catedrais, almacéns e fogares;
amoreádeos en forma de edificios para a vida e o traballo:
sodes obreiros e cidadáns todos,e
ordenámosvolo.
Aplastade as cidades.
Botade abaixo as murallas.
Derrubade fábricas e catedrais, almacéns e fogares;
amoreádeos como caian, entre entullo e madeira
renegrida e queimada:
sodes soldados e ordenámosvolo.
Construíde as cidades.
Levantade de novo as murallas.
Reparade fábricas e catedrais, almacéns e fogares;
amoreádeos en forma de edificios para a vida e o traballo:
sodes obreiros e cidadáns todos,e
ordenámosvolo.
in La caverna
4 comentarios:
Un saúdo para Mikel Caverna que non sei como fai para sintonizar co que estou pensando antes ca min
Eu sei o que está pasando pero a non ser que mo pidas, non cho digo
A ver, considera este comentario como unha solicitude formal do que tanto sabes.
Pois creo que é unha cuestión de partículas. Pero a min a física dáseme moi mal e a química aínda peor, así que che vou citar a Huxley que é un campo de exploración máis adecuado á miña limitada intelixencia emocional: "Hai unha especie de pole aboiando no ar que fecunda as mentes fértiles".
Publicar un comentario