19/11/11

HABÍA QUE BOTALOS.........A TODOS!





zocasnovas



A  PATADAS!
( MODELO ESPECIAL)


cala, cala, cala
vota, pobo, vota
porque o que vota
é ben pasota

bota, pobo, bota
failles a pelota
pero non votes
calquera idiota




lección desimbecivilizadora de formulación elemental para sobrevivir a tanta monada solta



FÁLLAME A INSPIRACIÓN
E SÓBRAME EXPIRACIÓN
Hoxe nin con cervexas
Nin con cava
Dou enfiado nada
Que se pareza a iso que
Adoitamos chamar poesía
Será porque algo falla
Nos recunchos
Máis intimos
Do meu corazón sitiado
Por altofalantes que exudan
Unha melopea inhóspita
De pronomes recheos
De nada a punto de caramelo
CON PERMISO DA REVOLUCIÓN 


Ningún comentario: