17/11/11

100 por 100 ANIMAL






O malo, cando é breve, é como se fose un pouquiño menos malo.
O bo, en cambio, cando é bo de veras, é grande, farturento e xeneroso.
Afirmar o contrario é propio da enxeñería mental de rácanos minimalistas, poboadores eventuais de páramos síquicos, mortos de fame e de sede, amantes da autoflaxelación e do espanto. 
Alá cada quen cos seus foxos e os seus castelos.
Non serei eu quen alimente os seus crocodilos.
Adeus, tenros caimáns, adeus!




Ningún comentario: