ENTRE BATEAS
ECLIPSE
aínda é día
pero a lúa
teima en abalar
como un lento fotograma
dos cables dunha torre de alta tensión
non entendo o que di
hoxe a linguaxe
vai electrocutada
o seu dicionario políglota
tatexa unha canción pegadiza
non quero abrilo
esa canción xa a coñezo.
acaba mal
Ningún comentario:
Publicar un comentario