sen palabras?
diso nada...
se cadra, os que somos rariños,
é que estamos exiliados neste pequeno globo da galaxia
verdiazul que chamamos Terra
Acolledora
que somos fuxidos
do planetaperfectoeaburrido
dos megavogóns
e por iso nos levamos tan ben
e rimos tanto
porque no fondo
sabemos sen sabelo exactamente
que somos moi afortunados
de que nos guindasen
fóra da cinta transportadora
intergaláctica
neste planetiña cheo de feridas
e imprevisible
coma nós
estamos seguros
que coa nosa capacidade de discordancia
alleos á cadea programada da galaxia
saberemos fabricar toneladas de tiritas
de todas as cores
para compór con elas
unha colaxe terpéutica
chea de toques persoais
e detalliños
cósmicos
para celebrar
que estamos vivos
nun momento activo
de gloria
non deixaremos que os normaliños
nos chimpen de novo fóra
&
5 comentarios:
Sen dúbida ningunha algo raro está pasando. Tanta xentiña rara acampando fóra das zonas establecidas, tanta xente comunicándose fóra de control, tanta poesía e metapoesía campando ás súas anchas fóra dos libros e das cadeas de produción, si...moi raro todo. Os pornócratas parecen contentos porque sempre gañan as elección pero estamos empezando a crer que a procesión lles anda por dentro porque non saben moi ben como han de reaccionar. Os antidisturbios non lles serven de moito porque a cousa vai de guai e non hai disturbios nin deberiamos consentir que os houbese. Se é necesario poñerémonos a rezar o rosario en latín vulgar para que nos entendan...pero non nos moverán!
Que boa idea! se veñen desaloxar largarlles un 1º misterio en latín vulgar, e se insisten largarlle un 2º en latín macarrónico. Magnífico, hipocriland! as movidas ecuménicas teñen un aquel misterioso que poden paralizar aos mandamáis máis cabreados da galaxia.É moi importante manter o estilo pacífico e o ton humorístico. Nada de drogas, isto ten que durar como mínimo o queda de século. Dáme unha aperta, amigo!
Que! xa estamos conspirando outra vez? Hai movida no Calvario o venres. Levade latiñas de imaxinación desbordada que van facer falta. Hai que ir pensando nunha performance parrandeira en Teis. Deixo aquí unha caixa de correo para depositar suxerencias e suxestións. Avanti!
Unha vez máis a venus do nilo está a pìques de perder a cabeza, de feito creo que xa a perdeu e perdéndoa gaña porque za se fartou de tanto pensar. En fin, agardemos que non apareza ninguén coa malévola intención de pechala nun museo. Outra vez non o soportaría.
Ben, semella que hai un caos considerable paralelo ao caos histórico do que partimos. É normal, o mes de maio non pode aportar obxectivos claros e todo el é unha pura eclosión eclosionando. Ademáis vai moita calor e todo son emnacións. Agardemos que refresque. Unha chuviña de maio nunca vén mal. Agardemos que non se cumpran todos os pronósticos emitidos para o día de hoxe e que mañá algunha nube veña disipar este horizonte desnortado. Hai tanta proliferación de páxinas uevs revolusionarias que todas quedan obsoletas e non paga a pena nin seguir o rastro. De novo damos co colapso. Deben ser os efectos das últimas radiacións. Haberá que empezar a fabricar parasois evolucionados para protexernos. Tanto raio desenfrenado non o aturan nin os tomates ventureiros. Quedará aínda alguén cun mínimo de cordura que lembre o significado da palabra moderación?
Publicar un comentario