L
Saír é vivir;
entrar é morrer.
Tres homes de cada dez están no camiño da vida.
Tres homes de cada dez están no camiño da morte.
Tres homes de cada dez que estaban no camiño da vida
encamíñanse prematuramente cara a terra da morte;
por que?
porque aman a vida de máis.
Oín dicir que o que coñece a arte de coidarse
non dá con rinocerontes nin tigres
cando viaxa pola terra
e desposuído de coiraza e de armas
entra no seo do exército contrario.
O rinoceronte non topa onde cornealo.
O tigre non topa onde trincalo.
A arma non topa onde traspasalo.
Por que?
Nel non hai lugar aberto para a morte
Tao-Te-Ching
I cant' see your face in my mind |
DOCUMENTAL: DEBTOCRACIA
Ningún comentario:
Publicar un comentario