03/05/11

POLOS COLLÓNS DE MAHOMA!



AGRADECEMENTOS A

Os collóns de mahoma

son nada
comparados
coa valentía moral
que lle botan á vida
moitos homes
e moitas homas

firma: o indio fernandes, croatán 

texto recollido de A gran revista intergaláctica sen fotos para a liberación da muller musulmana e a extinción dos sultáns (1)


(1) por se alguén dubida da existencia de tal revista informo que me acaba de caer outro enlace raro raro







Poema de amor

 La voz de Galicia, hoxe, columna na contraportada



Columna para enviar a (...) Miña lúa, miña flor, meu vento. 
Respiro porque ti respiras, es o meu aire, o milagre de cada día. 
Se non fose polos teus dedos, cando me tocan, sentiríame xelo frío deserto xelo. 
Es a miña historia de amor, este maio que acariña cada hora, o sol que espero, 
a noite coas súas estrelas caendo céleres, rápidas, cruzando o firmamento 
como os teus ollos grandes. Os teus ollos, sempre os teus ollos. 
Es o recanto onde todas as dores teñen fin e todas as risas principio. 
En ti nace a auga que non leva ao mar, 
que queda para alimento de reiseñores xílgaros miñatos. 
Lago onde naufragan todas as libias traxedias. 
Man que alimenta, man que sostén, man que me levanta. 
Verso único entre os versos, palabra derramada no meu sangue, alivio. 
Sosego cando o meu desasosego crava o seu puñal no meu adentro. 
Envíoche esta columna como un exorcismo, unha conxura 
contra todos os demos e todas as depresións. 
Se ti estás, nunca vai frío. 
Crece como bolboreta o teu alento no medio do mundo e as súas mentiras. 
Doce elixir, apócema máxica, consolo. 
Ti traes a fortuna á miña vida, pelexas co azar cando o azar díscolo pretende derrotarme.
Ti lavas todas as lágrimas. 
Cando estás cerca non hai dor e o verbo sufrir non sabe conxugarse. 
Quérote porque a miña vida sen ti é Nada. 
Esa Nada caprichosa que sempre quere borrar as ilusións, as ganas de vivir, 
sempre estas ganas de vivir, inmensas. A vida, contigo. 
Pretendo conservarte cada minuto. Chove cando te vas. 
Pero, no regreso, ábrense todos os ceos para de 
par en par rir, contentos luminosos atentos. Quérote máis cada día que pasa. Por ti existo.



 de X.Carlos Caneiro para un mundo de xente que cremos na forza combativa do amor en presente

2 comentarios:

sociedaddediletantes.blogspot.com.es dixo...

Buenísimo. Gracias, te cojo el vídeo, que no lo conocía.

angola dixo...

gracias a ti, guapísima.