15/05/11

Democracia real XA. 15 de maio é o momento.









KOMUNIKADO DENDE CROATÁN


polo nitrato de Chile!
pola Ghalisia profunda!
pola estepa arrasada de cosacos!
polos lobos esteparios!
polos cravos de cristo resusitado!
polos collóns impertérritos de Mahoma!
polo valor da miña homa!
polas enaghuas do ayatolah!
polos turbantes graxentos dos machistas pelados!
polas petunias da alameda!
polos xeránios do balcón!
por todos os nenos perdidos!
polas naves espaciais que obedecen a orde de non voltar!
pola recuperación inmediata da panificadora!
polos que aínda non afogaron!
polos épsilons reciclados a humanos!
polos pornócratas arrepentidos previo pago!
por todas as materias pendentes!
pola abolición dos anuncios publicitarios!
polas mazás que van nacer e saúdan!
polos percebes da resistencia!
polas barbas canas de Rasputín!
polos binóculos de conde Drácula!
por todas as herbiñas ventureiras do cemiterio!
polas almiñas en peña!
pola santa compaña dos fuxidos!
polos desaparecidos en combate!
polos aparecidos no arame!
hoxe non hai sesta que valla!
ponte guapa, que a revolución é AGHORA!


firma: indiofernandes

Ningún comentario: