Só dúas copliñas
1
Eu se canto é porque quero,
eu se canto fago ben;
canto coa miña garganta,
non canto coa de ninguén
2
Adeus, Virxe do Camiño,
cantos paseos me debes;
cantas veces me arrimei
á sombra das túas paredes.
Cantigueiro muradán
3 comentarios:
Que mo digan a min, o de andar arrimada á sombra das paredes da Virxe do Camiño muradana. Non sería a 1ª vez que acabase durmindo unha mona sen control protexida polos seus arcos,incapaz de chegar a casa, enriba dun banquiño moi acolledor que ten pola banda do Oeste. A Virxe do Camiño é unha vetusta construción que foi utilizada antigamente como lazareto, os navegantes que chegaban a Muros non podían entrar na vila sen antes facer unha cuarentena preventiva contra a peste e outras enfermidades altamente contaxiosas. Ou iso é o que me contaron.
É que ás veces, Orola, dúas copas xa son de máis,je,je,je.
Tes razón, amigo. Que bochorno! ji,ji,ji.
Publicar un comentario