27/12/10

GREGORY CORSO / OUVEOS CORSARIOS





NON DISPAREDES AO XABARIL


Un neno veu onda min
abalando un océano sobre un pau.
Contoume que a súa irmá morrera,
baixeille os pantalóns 
e deille unha patada no cú.
Conducino polas rúas
pola noite da miña xeración
berrei o seu nome, o seu nome abominable
polas rúas da miña xeración
e os nenos saltaron de alegría ante o nome
e viñeron correndo.
Nais e pais volveron a cabeza para oír;
berrei o nome


O neno tremelicante, caeu,
e cambaleando ergueuse de novo,
berrei o seu nome!
E a furia das nais e pais
chantou os seus dentes no seu cerebro.
Chamei polos anxos da miña xeración,
dende as azoteas, nos canellóns,
baixo o lixo e as pedras.
Berrei o nome! e viñeron
e roeron os ósos do neno.


Berrei o nome: Beleza
Beleza Beleza Beleza
















A UNHA ROSA CAÍDA


Cando abandonei os versos de Mimnermus,(1)
vivín unha vida de calor enlatada e mans crúas,
só, non lonxe de máis do meu corpo marchei,
camiñei coa esperanza dun súbito e soñador bosque dourado.
Oh rosa, desprendida, arquea o teu gran lombo vexetal;
olla dentro do sol impostor...en soño de inverno
mete a túa gloriosa cabeza de rosa na bile do xigante dourado,
oh, rosa, incrementa a rosa aínda máis!
Daquela sobre o cuarto autocreado no Edén
ti floreciches onde o Reloxeiro da Nada ficou a durmir,
o teu nacemento fixo que anacos de noites esnaquizadas estalasen,
provocando que o meu bosque soñador aparecese.
Si, e o Reloxeiro, a súa carne cortada en toradas
e os seus ósos brillantes estragados ao acordar,
diante do teu Algo, fuxiu
remexendo monxes abstraídos nas súas mans desenliadas.
O sol non pode ver as cartas boca arriba, o tenis de Venus
e o campo de Marte cantan a gran mentira do sol,
ah, distante bóla de peles, imprégnate dos elementos;
ilumina as árbores e as montañas da Terra,
érguete e abandona a vasta inmobilidade.
Rosa! Rosa! miña esguía rosa!
Rosa é o meu visionario ollonaman de todo Místico reino
Rosa é a miña sabia cadeira de casas bombardeadas
Rosa é o meu paciente ollo eléctrico ollo, ollo, ollo
Rosa é o meu carrusel festivo,
Dalai Lama Gran Vigairo Glorioso César rosa!

Cando oio a rosa berrar
xunto todos os experimentos falidos dun imperio anatómico
e, con algún soño químico, descubro
a odiosa lei da Terra e o Sol, e a rosa oubeando 
no medio
(1) Mimnermus: poeta elegíaco grego




http://atlasdepoesia.blogcindario.com/2007/03/00204-poemas-de-gregory-corso.html


http://inmaculadadecepcion.blogspot.com/2004/07/poemas-de-gregory-corso.html



http://www.librosgratis.org/ebooks/poesia/





Ningún comentario: