20/12/10

O horror con que me rodeas ...

1

Calquera outra persoa
coa cancha que eu che daba
e con esas facultades
tería escrito
media novela...

pero eu nin iso quería
eu só quería un poema...
non me importaba en que lingua...
tanto me tiña o autor...
tanto me daba o tema....

eu só quería un poema
eterno 
que endereitase
esta pena


2


A cambio nada me deches

a cambio nada troquei

que había de haber no nada?

auga para nadar?

non, só terra erma

deserto e concreto

nada para nadar

   nada ...para aboiar...

O horror  que me rodea...xa non me invade





3 comentarios:

angola dixo...

Cousas que se lle ocorren a unha despois de quedar en off mental non se sabe canto tempo.....

TODO HORROR É UN ERRO...DE INTERPRETACIÓN...UNHA DISTORSIÓN DE ENFOQUE PROVOCADA...POLA EXTORSIÓN QUE SE LLE FAI Á REALIDADE...PARA DEPREDALA.

entón

A ESTÉTICA DO TERROR...É UNHA CONCESIÓN QUE SE LLE FAI...Á DEPREDACIÓN!

cal é a saída? ignóroa de momento...

PERO ESTOU EMPEZANDO A INTUÍR...POSIBLEMENTE DE MANEIRA INDUCIDA POLO PROPIO TERROR CIRCUNDANTE...QUE HAI QUE EMPEZAR A DEIXAR ABERTAS AS PORTAS...DA PERCEPCIÓN...TODAS AS POSIBLES...PARA DEIXAR ENTRAR AIRE FRESCO...E DEIXAR DE PERPETUAR...ESTA ABOMINACIÓN.

angola dixo...

Estame pasando algo raro...raro:

O humor sae do erro
e o erro desmesurado
a hipérbole do erro
dá lugar ao horror
que horror!

angola dixo...

A arte caótica pode facer de monstro, pode mesmo facer de grand guignol, pero non pode xamais permitir enfangarse en pútrida negatividade, en tanatose, en schadenfreude (compracencia na desgraza doutros), cantaruxar sobre memorabilia nazi e asasinatos en serie.

Comunicados da Asociación da Anarquía Ontolóxica