20/12/10

O horror con que me rodeas ...

1

Calquera outra persoa
coa cancha que eu che daba
e con esas facultades
tería escrito
media novela...

pero eu nin iso quería
eu só quería un poema...
non me importaba en que lingua...
tanto me tiña o autor...
tanto me daba o tema....

eu só quería un poema
eterno 
que endereitase
esta pena


2


A cambio nada me deches

a cambio nada troquei

que había de haber no nada?

auga para nadar?

non, só terra erma

deserto e concreto

nada para nadar

   nada ...para aboiar...

O horror  que me rodea...xa non me invade