02/12/10

MAXINA...Nove preguntas impertinentes





Maxina....por un momento...que o día 22 de decembro ...sucede un milagro
e que ese milagro ten un impacto masivo
maxina...que por causa descoñecida ou non 
unha torre de repetición de RTV vén abaixo...
todas as torres que están a continuación deixan de recibir o sinal
e, polo tanto, os televisores das casas particulares, dos bares, das salas de espera, dos hospitais...que quedamos na zona de sombra
non emiten nada...nin sequera unha mínima secuencia de puntiños...
un paraíso...un paraíso? non sei, a ver:


1º como saberiamos que o gordo da lotería non nos tocou outro ano máis?


2º para quen falaría a súa maxestade no seu discurso de noiteboa por todas as canles de radio e TV?


3º Resucitarían as narracións tradicionais orais á romántica luz de velas de colores?


4º Agardariamos aínda por papá noel?


5º Tomariamos as uvas en silencio ou chamariamos polo presidente da comunidade de veciños para que nos tocase as doce cunha pota e unha escumadeira?


6º  Habería cambio de ano? ou quedariamos para sempre neste glorioso 2010 que pasará á historia como o ano en que  Galiza e media España lle dixeron ao Papa: POPE GO ROME!?


7º Seguiría habendo futuro?


8º Como nos convencerían de que os reis agardan polas cartiñas dos nenos nas portas de aceiro e vidro do cortinglés?


9º Soportariamos tanta fartura?


http://dominguet.blogspot.com/2010/12/sobre-la-construccion-de-guerrillas.html

1 comentario:

angola dixo...

continuamos:
10. que medios usaría o poder para convencencernos como cencerros de que sosomos moi felices?

11. reanoaríanse as clases na 2ª avaliación?

12. montariamos un caderno psicodélico moi chulo para trincar quenllas?

13. Ai! número nefasto, acabaría o inverno nada máis ter empezado?

14. habería unha involución temporal?

15. teriamos que voltar ao candil?

16 recuperariamos o que coidamos perdido para sempre?

17. poñeríanse de moda as rotas de petroglifos?

18. voltariamos comer os domingos de verán no monte todos os visiños?