09/10/10

O FUTURO

 O FUTURO
                                                                                                                        
BEN SEI QUE NON ESTARÁS.
NON ESTARÁS NA RÚA
NO MURMURIO QUE AGROMA NA NOITE
DOS POSTES DAS FAROLAS,
NIN NO XESTO DE ESCOLLER MENÚ
NIN NO SORRISO QUE ATENÚA O METRO PETADO
NIN NOS LIBROS PRESTADOS
NIN NO ATA MAÑÁ.
NON ESTARÁS NOS MEUS SOÑOS,
DESTINO ORIXINAL DAS MIÑAS PALABRAS,
NIN NUNHA CIFRA TELEFÓNICA ESTARÁS
OU NA COR DUN PAR DE LUVAS
OU UNHA CAMISOLA
ANDAREI ENCABUXADO
MIÑA RULA
SEN QUE SEXA POR TI
E MERCAREI BOMBÓNS
PERO NON PARA TI
DETEREIME NA ESQUINA
POR ONDE NON TORCERÁS
E DIREI AS COUSAS QUE SEI DICIR
E COMEREI AS COUSAS QUE SEI COMER
E SOÑAREI OS SOÑOS QUE SE SOÑAN NORMALMENTE.
E BEN SEI QUE NON ESTARÁS
NIN AQUÍ DENTRO NO CÁRCERE EN QUE TE RETEÑO
NIN ALÁ FÓRA
NESE  RÍO DE RÚAS E DE PONTES.
NON ESTARÁS PARA NADA
NON SERÁS A MIÑA LEMBRANZA
E CANDO PENSE EN TI
PENSAREI UN PENSAMENTO
QUE ESCURAMENTE ANDARÁ Á PROCURA DE LEMBRARSE DE   TI