APERTA CREMALLEIRA EN OITO TEMPOS
1
Quero facer unha festa
Que nos dure varios días
Por celebrar esta aperta
Chea de luz e alegría
2
Porriba dos nosos bicos
veñan pombas a voar
Enchendo de ás os ritos
Que hoxe imos celebrar
3
Que enchan o aire as campás
Da negra sombra inmortal
o toque grave do metal
poña fin ao noso mal
4
que se abran as portas do ceo
pois estou aquí contigo
do mundo nada máis quero
que este amor fero e antigo
5
vén miña avelaíña
pousar na lámpada cega
as túas ás de raíña
indomables non se pregan
6
entra na miña reserva
onde te observe encantado
prende o lume da lareira
do meu fogar enfastiado
7
éncheme sen condicións
de preguntas inocentes
eu quero pór en cuestión
as dúbidas permanentes
8
Se ti mellor o prefires
podo darche de agasallo
o máis prezado galano
do silenzo dos menhires
Saraares
Saraares
rúa do azar
2 comentarios:
son cremalleiras aqueles textos que permiten lectura de arriba para abaixo e de abaixo para arriba. Descubrinos con J.Cortázar no libro UN TAL LUCAS. Topeinos frecuentemente na lectura dos clásicos e decateime que canto máis clásico é un texto máis posible é a lectura inversa.
o que aquí ves é un menhir anónimo, resistente, redondo e compacto da nosa terra. Recentemente visito na rede menhires vascos, e todos teñen nome. Este é noso e aínda non ten nome. Está aliñado coa moa do Pindo, para velo hai que ir a el, ten unha teimuda tendencia a pasar desapercibido a pesar das súas dimensións xigantesacas. Para min será sempre o MENHIR DO PERDÓN.
Publicar un comentario