Estou de vacacións no medio e medio do universo e son incapaz de sintonizar ningunha emisora terrestre, co que a min me gusta a radiopopulardevigo! Póñome a fuchicar no dial e nada! Así é que insistindo consigo que a agulla do vello aparello saia das súas órbitas e que consigo sintonizar? Radio Universo! Meu deus! e hai programas atrasados dispoñibles, como en radionazionaldemadrí!
interferencias.....necesarias, perdón, literarias
CATRO ANOS DESPOIS DO CAN
Aquí comeza a casa glacial
onde a redondeza da terra non é máis ca unha palabra
tan fráxil coma unha folla
a natureza da cal carece totalmente de importancia.
Na casa glacial danza
todo o que o movemento da terra non pode impedir
que dance
toda a vida imposible tantas veces desexada
todos os seres cunha existencia máis que improbable
Aquí o tempo equivale ao reparto dun imperio
a unha longa marcha de liliputenses
a unha fervenza de 1800 metros de altura
Pasemos aos actos
Unha rapaza entra na casa glacial
corta a escaleira lonxitudinalmente
e cóbrea de esterco
un esterco de estrelas roído polos dólares
Pasa a nman polos ollos
e a Liberdade iluminando o mundo está no lugar da
escaleira
Berra protesta xura
ata o punto que o ar tolea
Os paxaros necrófagos
que son se cadra insectos
caen do céo raso
afunden no chan
e van chantarse para toda a eternidade
no centro da terra
que está moi emocionada
Entón aparece a enfermidade do soño
O soño das árbores excita as ondas lúbricas
e o amor emboórcase coma un can fóra da canceira
Dito doutro modo as ondas non teñen a forza nin a fe
que move as montañas
Eu préstolle o meu sexo e todo está dito
e todos estamos contentos
Dentro dunha hora estereino moito menos
pois camiñarei sobre a miña barba
A casa glacial desprazouse
como un tremor de terra
e un enérxico carácter
velaquí que coa calor comunicativa dos banquetes
o novo aspecto das montañas
debe a súa existencia a unha impropiedade de termos
Iso abonda para que un sabio
disque un sabio de verdade
berre o milagro
En todas as clases sociais
non se pensa máis que no goce con todos os seus órganos
Un diputado que xogou un papel no Negocio
afirma que gozou polos pulmóns
Eu quero crelo
En canto a min subo a unha árbore
que leva a Torre Eiffel dentro da súa sombra
con raíces que trousan o soldado descoñecido
Dende aí percibo a casa glacial
no peteiro dunha rola
É a paz ou a guerra
Pronto un taxi un aeroplano un cabalo
Xa está cheguei
e as miñas pernas fanse extraordinariamente fortes
pois alónganse en exceso
Son unha inmensa árbore que cobre a terra coa súa sombra
Ah podedes macanear agora
non estades preparados para ver a luz do sol
O sol é unha eclipse que dura toda unha época xeolóxica
e os seus fillos non lembran a súa cor
Aqueles para quen a casa glacial dos seus cabelos
é unha cámara de amor
teñen a dita nos labios
pero cando perden os seus labios
abúrrense de tal maneira
que envexan a vida dos insectos adultos
Entón é cando paso eu
cunha rocha nas mans
agardando que o paxaro da resurección
pouse lentamente no meu ombreiro
O dereito ou o esquerdo.
BENJAMIN PÉRET: O gran Xogo, 1928
Foto:Man Ray
Ningún comentario:
Publicar un comentario