20/02/12

semaniña do carallo




SEMANA SECUESTRADA NO TEMPO DOS SEMÁFOROS

leda leda leda
ela chimpa
collendo flores
indomables
avións do instante

como non ter en conta
o día que precede á noite
santiños ao microscopio
dieta de lentes de aumento
perdendo a visión
do bosque
a arder
vida fume 
sen asado

e os calendarios esfollan
outono permanente
defuncións por instamcia
e xa non estar
despois de saudar
e marchar para case sempre

sen xoves funestos
nin venres de gloria
os días son santos
e cociñan manteis á grella
na ramallada 
das noites perdidas
un acordeón improvisa

despois vén o can
e a fin de semana
envolta en farrapos
enlamados da mañá

e alá no fondo do mar
picar areas
na súa salsa

precedida do desastre
queda unha labarada
amarela de síntese
sen máis menú
que unha latiña
de miseria
a presión
pospago





Ningún comentario: