03/12/11

NO CAMIÑO DE CORME

cinco carrascas fan batido de moras
con morro de morodo
entre toxos cadavéricos
na tona batida
a punto de neve
do monte
unha billa deita berces
nas berzas da mañá
para acougar as careixas
con caricias de carencias básicas
guindo croios
para axotar xoubas
das laxes fendidas
no medio da touza
as cabazas comen vieiras
na súa lama
o dalai lama prefire carballos
ao vapor da brétema
dos seixos primitivos
saen pelouros líquidos
nos teus beizos cárnicos
son queirugas recén molladas polo orballo
das camariñas
dedúcense camas pequeniñas
as sabas flor extenden arrecendos vibratorios
no tímpano do teu caracol de sons
sen sentido.




GUNNAR EKELÖF


Ningún comentario: