A R-EVOLUSIÓN CORRE COMO A PÓLVORA: PARÍS, PORTUGAL, ALEMANIA, HOLANDA, ITALIA.....ISTO XA NON HAI QUEN O PARE!!!!! MAPA MUNDIALO DE ACAMPADAS.....NA PENÍNSULA NON CABEN MÁIS TIPIS!!!!!
abrazos solidarios para Granada e para todos os que estades sendo vítimas da represión policial!
En Vigo polo de agora estanse portando.
BATERÍA DE PREGUNTAS MOI INTERESANTES DENDE VALLADOLID
&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&
MICRÓNS DE RABIA PERO NON DE IMPOTENCIA
1. TRAIO ROSAS PARA TI / POIS LÉVAAS DE VOLTA, QUÉDANME PEQUENAS.
2. A FALTA DE PAN BOAS SON NÉCORAS.
3. ANTES MORTA QUE CRÉDULA.
4. O PARAÍSO É PARA ISO E PARA ISTO.
5. NOMÍNAME ANÓNIMA.
6. PIZZA CATRO ESTACIÓNS SEN VIVALDI
OUTONO: ENSAIO XERAL DO GRAN ENGANO- NEGOCIO
INVERNO: MENTIRAS TITIRITEIRAS.
PRIMAVERA: DUCHA DE ALFINETES EN PUNTA.
VERÁN: AUSENCIA DE INDICATIVO
7. VÉNDESE / CÓMPRASE MEL DE ABELLAS ESCÉPTICAS EN PARO VACA-CIONAL E VOCACIONAL. HAI ALTERNATIVAS MOITO MÁIS LUCRATIVAS AÍNDA QUE UN CHISCO SINTÉTICAS.
8. BOTANDO FUME = FUME(G)ANDO / HAI QUE BOTALOS
9. OFTALMOLOXÍA POEIRENTA: OS TEUS OLLOS GRÁVIDOS A OLLÁRENME BABANDO A TANTOS EUROS A HORA DE VISIONADO.
10. CANTO GAÑAS CON ISO? UNHA MOREA DE CUARZOS DE PLÁSTICO.
11. PÁSAME UN GUSANO ANTES DE VERME. ESTAREI AUSENTE ATA O DÍA EN QUE ME PERDAS.
12. REI XORDO-----PRÍNCIPE MUDO.
13. CACASTÚAS: CACACOLAS ASASINAS-----LACACAÓTICA
14. LATAS DE CUSPE PARA OS EXPLOTADORES DA IMAXE ALLEA.
15. O MEU MAR DE NOXO SERÁ A MOTO ONDE POIDAS AFOGAR EN SECO RODEADO DOS TEUS DIVIDENDOS-----A UN CERTO TANTO POR CENTO.
16. MOTOSERRAS SEN DINAMO PROPIA: XIGANTISMO DOS ANANOS.
17. A REISEÑOR MORTO REISEÑORA POSTA
18. O FUTURO MORREU VIVA O FUTURISMO
botando pílulas fóra |
5 comentarios:
ensalada pa los pollos!
y pa las pollas!
ui, ui, ui, que isto pode ser moi mal interpretado polos ineptos. Ti aclaraches nalgún lado a polivalencia da linguaxe trasversal, angola?
Os ineptos que se vaian capacitando. A revolución a parte de ilusorios necesita alguén operativo para posibilitar o imposible
Eso, empecemos a explicitar o imposible, que caian as trampas mentais e cada quen que apande coa súa responsabilidade. Xa abonda de pobre de min-
Publicar un comentario