E-MAIL R-EVOLUSION
MANIFESTO PERSOAL INTRANSFERIBLE SUBXECTIVOPOÉTICO E SÓ VÁLIDO PARA A MIÑA REVOLUCIÓN PERSOAL
- ABOLICIÓN DE TODO DESEXO, PENSAMENTO, PALABRA OU OBRA DESTINADO Á DEPREDACIÓN
- AMOR INCONDICIONAL A TODA PERSOA QUE NON TEÑA TEMOR DE AMOSARSE A SI MESMA TAL E COMO COIDA QUE É
- DESPREZO E DENUNCIA PÚBLICA DE TODA ACTITUDE PORNOGRÁFICA QUE COMERCIE CO CORPO HUMANO E CO SEXO ENTRE SERES VIVOS
- ANULACIÓN DE CALQUERA TEXTO OU COMUNICADO QUE ALBERGUE ABSURDA PRETENSIÓN DE MARCARME PAUTAS DE VIDA
- PETICIÓN REITERADA DO PECHE INMEDIATO DE TODAS AS FÁBRICAS DE CARNE, INCLUÍDAS AS GRANXAS MENTAIS.
- ABOLICIÓN DO TRABALLO FONTE DE ABORRECEMENTO
- EXALTACIÓN DO TRABALLO CREATIVO E SEN PATRÓNS
- COMPAIXÓN SEN FISURAS POR TODAS AQUELAS PERSOAS QUE SOFREN ANANISMO MENTAL PERMANENTE E QUE INSISTEN EN PERMANECER NEL TODA A SÚA VIDA
- DENUNCIA PÚBLICA SEN FISURA E SEN TREGUA DE CALQUERA TIPO DE EXPLOTACIÓN
- FÉ INQUEBRTANTABLE NA BONDADE E TENDENCIA Á FELICIDADE DE TODOS OS SERES VIVOS
- INTRANSIXENCIA ABSOLUTA COS DÉSPOTAS E MISERABLES DE PENSAMENTO, PALABRA OU ACCIÓN
- DEFENSA INCONDICIONAL DA CAPACIDADE DE TODOS OS SERES VIVOS PARA DESENVOLVEREN A SÚA POTENCIA VITAL
- REXEITAMENTO VISCERAL DE TODA ÓPTICA EGOÍSTA QUE SÓ ANDE Á PROCURA DO LUCRO PERSOAL, IGNORANTE DE QUE TODA ACTIVIDADE QUE XERE BENEFICIO SÓ PARA UNS CANTOS ESTÁ XERANDO MISERIA PARA TODOS OS DEMÁIS
- DESPREZO POLO COLECTIVISMO: COMEDORES COLECTIVOS, DORMITORIOS COLECTIVOS, GRANXAS DE SEXO COLECTIVO, ALECCIONAMENTO, ETC.
- DEFENSA INCONDICIONAL DA PERSOA, SOBERANA DE SI MESMA, FRONTE AO INDIVIDUO SEN CARA QUE ENGROSA MASAS ANÓNIMAS
- USO DE TODA A MIÑA ENERXÍA CREATIVA PARA CONTRIBUÍR A QUE A HUMANIDADE COBRE CONCIENCIA DA SÚA GRANDEZA, ESMAGADA POLA HISTORIA DOS DEPREDADORES
- DEFENSA INCONDICIONAL DA TERRA, COMO ÚNICO UNIVERSO VIABLE E POSIBLE MENTRES GOCE DE VIDA
- ACEPTACIÓN DA ENTREGA PERSOAL ATA O SACRIFICIO SE ISO AXUDA A ALGUÉN A LIBERARSE DAS ATADURAS DE SI MESMO
- FUSTIGAMENTO A TODO PENSAMENTO, PALABRA OU OBRA QUE TEÑA AFÁN COLONIZADOR
- RESPECTO POR TODOS OS PUNTOS DE VISTA AÍNDA QUE NON OS COMPARTA
- ESQUECEMENTO ABSOLUTO DE TODO TRAUMA PASADO
- ADESTRAMENTO PERMANENTE PARA EVITAR QUE SE ME INFRINXAN A MIN OU AOS DEMÁIS TRAUMAS NO FUTURO. CAPACITACIÓN TOTAL Á SOBERANÍA DO PRESENTE.
- DENUNCIA DE TODA POLÍTICA ESPIRITISTA, OCULTISTA, CONSPIRATIVA, FETICHISTA, SEUDOMÁXICA OU TABERNARIA
- DEFENSA DA TRANSPARENCIA DIÁFANA EN TODA XESTIÓN QUE IMPLIQUE AOS DEMÁIS
TEIS. 21 DE MAIO DE 2011, QUE ESTÁ EMPECINADO EN PASAR COMO UN TEMPO DE GLORIA Á HISTORIA XERAL CONTRA A INFAMIA
enlace para todos aqueles que SE LA SUDAN
En Siberia dei co único español que hai por alí e pasoulle que non tivo máis remedio que pronunciarse en solitario. Xa lle mandei unha aperta solidaria e confirmación de recibo da mensaxe. Se alguén quere velo anda por AQUÍ
enlace para todos aqueles que SE LA SUDAN
En Siberia dei co único español que hai por alí e pasoulle que non tivo máis remedio que pronunciarse en solitario. Xa lle mandei unha aperta solidaria e confirmación de recibo da mensaxe. Se alguén quere velo anda por AQUÍ
4 comentarios:
¡Ánimo con tú revolución personal!Desde Mandril me solidarizo (con mis limitaciones) con este valiente programa de mínimos
Me encanta: el vídeo estupendo (no sé cuál de las dos tomar: creo que ninguna, Je)
Dominguet, mi revolución personal hace tiempo que está en marcha. Sería marabilloso que todas y cada una de las personas acampadas por todo el planeta pusiesen en marcha o diesen continuidad a la suya, hasta las últimas consecuencias. Esa actitud promovería cambios significativos y alejaría el peligro de cualquier sensación de fracaso.
El vídeo es un auténtico regalo, Casilda. A lo mejor no vendría mal tener una cajita de esas en el botiquín para el caso que nos encierren por locos!
Publicar un comentario